Durante os meses de febreiro e marzo de 2014, o alumnado de 3º ciclo de primaria e de 4º da ESO realizarán un obradoiro de radio, para descubrir todas as posibilidades deste importante medio de comunicación e para potenciar a oralidade. Durante estes dous meses, e cunha duración de 50 minutos, estableceranse una secuenciación de actividades para alcanzar os obxectivos deste proxecto.
O venres 7 de febreiro deu inicio esta iniciativa, cunha sesión adicada a presentacións e unha pequena práctica centrada na elaboración dunha entrevista creativa a partires de frases célebres de grandes personaxes da historia. Foi toda unha experiencia, sentíndonos auténticos profesionais entre micrófonos, cableado, ordenadores, etc. Será cuestión de irnos familiarizando co medio e irnos sentindo máis preto da nosa propia voz, que en cuestión de semanas estará xa no aire, enchendo os nosos fogares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario