martes, 23 de marzo de 2010

CONVOCATORIA DE PREMIOS

Achegámosvos información sobre varias convocatorias encamiñadas ao fomento, difusión e creación da lingua e cultura galega. Tedes á vosa disposición as bases destas convocatorias no taboleiro de informacións.




XVI Premio de Poesía Avelina Valladares. Creación e difusión da lírica galega.






XV Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela




XXII Premio de Novela M. García Barros.

viernes, 12 de marzo de 2010

ORGULLOSOS/AS DO NOSO, ORGULLOSOS/AS DA NOSA LINGUA




Orgullosos/as do noso, Orgullosos/as do galego, é unha campaña posta en marcha pola CGENDL, que pretende transmitir no seo da comunidade educativa, e no conxunto da sociedade, un sentimento de orgullo pola lingua propia como sentimento común de todos os galegos á marxe da orixe, a ideoloxía, o credo ou a idade de cadaquén. A lingua galega é un elemento de unión e un rico patrimonio de futuro que nos dota de identidade e nos conecta con millóns de persoas en todo o mundo.

Como se pode participar dende os centros escolares?

a.Envío de vídeos e textos “orgullosos”:

Ao igual que un grupo de personalidades da cultura galega expresan o seu orgullo e a utilidade do galego nos dous vídeos de lanzamento, animámosvos a gravar vídeos e redactar textos nos que se exprese ese orgullo de contarmos co galego. E animámosvos a enviárnolos para seren compartidos na web. Isto non é un concurso, isto é unha campaña colaborativa feita entre todos e todas, unha pequena gran obra colectiva, o importante é participar, traballar co alumnado e lanzar esa mensaxe orgullosa. A creatividade está na comunidade educativa e as dificultades técnicas están aí para lles facer fronte: cunha cámara, un móbil ou calquera dispositivo audiovisual podedes elaborar o voso traballo.

b.Difusión do material gráfico da campaña:

Na web da CGENDL ponse á disposición de todos os ENDL e do profesorado un material gráfico (camisetas, chapas, carteis, adhesivos, etc.) que se pode descargar de balde para a súa distribución.

OUFF ESCOLA. II Certame de Cinema 2010

Portada do DVD que contén os traballos gañadores no I Certame OUFFESCOLA 2009



O Consorcio do Festival Internacional de Cine Independient4e de Ourense (OUFF), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Ourense convocan o II Certame de Cinema OUFF Escola 2010, dentro da XV edición do Festival de Cine Internacional de Ourense.

O II Certame de Cinema OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre o seu contorno sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico.

Este certame pretende3, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e a súa comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a motra do audiovisual feito nas aulas.




viernes, 5 de marzo de 2010

A TVG NO NOSO COLE

O pasado xoves 4 de Marzo de 2010 a TVG estivo no noso centro para entrevistar aos alumnos/as e profesores/as encargados da realización de "Booktrailers". Afonso Salgado, profesor de Lingua Galega na E.S.O. e Belén Delgado, normalizadora do Concello de Monfero, explicaron ante as cámaras o proceso de elaboración destes interesantes proxectos audiovisuais, que teñen como finalidade fomentar a lectura en lingua galega. Varios alumnos e alumnos da E.S.O. contaron as súas experiencias á hora de seleccionar as lecturas, redactar os guións, ensaiar os diálogos, procurar a escenografía, etc. No momento actual están feitas todas as gravacións, e a partir de agora queda o complexo traballo de editar todo o material para ver os resultados finales, que colgaremos neste blogue.