viernes, 5 de marzo de 2010

A TVG NO NOSO COLE

O pasado xoves 4 de Marzo de 2010 a TVG estivo no noso centro para entrevistar aos alumnos/as e profesores/as encargados da realización de "Booktrailers". Afonso Salgado, profesor de Lingua Galega na E.S.O. e Belén Delgado, normalizadora do Concello de Monfero, explicaron ante as cámaras o proceso de elaboración destes interesantes proxectos audiovisuais, que teñen como finalidade fomentar a lectura en lingua galega. Varios alumnos e alumnos da E.S.O. contaron as súas experiencias á hora de seleccionar as lecturas, redactar os guións, ensaiar os diálogos, procurar a escenografía, etc. No momento actual están feitas todas as gravacións, e a partir de agora queda o complexo traballo de editar todo o material para ver os resultados finales, que colgaremos neste blogue.

No hay comentarios:

Publicar un comentario