No mes de abril o xornalista Roi Gutiérrez visitou o noso centro para impartir o último obradoiro da CME (Campaña Mundial pola Educación) ao alumnado de 3º e 4º da ESO. Aproveitou a súa estancia no CPI Virxe da Cela para gravar un pequeno "documental" en defensa da escola rural. Podedes ver neste vídeo as intervencións dalgúns dos profesores/as do noso colexio reivindicando a pervivencia das escolas no rural (institucións que están en perigo de extinción).
miércoles, 30 de mayo de 2018
domingo, 27 de mayo de 2018
SEMANA DA CIENCIA E DA CULTURA
Revista editada no CPI Virxe da Cela co motivo da Semana da Ciencia (21 a 23 de marzo de 2018). Semana coordinada polo departamento de ciencias, e revista dirixida polo departamento de orientación coa autoría de alumnado de 1º de ESO: Ariadna Díaz Tondo, Nerea Fernández Rodríguez, Marta Fernández Sanjuán, Rubén Fraga Tizón, Andrea Rivera Andrade, Cristina Vázquez Varela.
Reportaxes: Charla da Fundación ACNUr, Documental “O Universo de Stephen Hawking”, Canalico de cociña, Obradorio “O ciclo da auga”, Documentais de Félix Rodríguez de la Fuente, Obradoiro de fotografía, Experimentos musicais, Fabricación de volcáns, Película “Marte” V.O.S., Gravado, Laboratorio de Ciencias, Documental do corpo humano, Exposición de Mulleres Científicas, Xogos matemáticos, A enerxía dos xoguetes, Química cotiá, Encapsulacións e esferificacións, Un paseo polo noso bosque, CSI Monfero, Laboratorio de Radio, Peche da semana
A revista tamén a tedes en papel nas aulas e na biblioteca do cole:
viernes, 25 de mayo de 2018
TEATRO BERROBAMBÁN
O pasado mércores 23 de maio de 2018 os nenos e nenas de Educación Infantil asistiron a unha obra de teatro realizada no mesmo centro escolar pola compañía "Teatro Berrobambán".
REFRÁNS SOBRE A AUGA
rRefráns sobre a auga. Alumnado de 2º de educación primaria. Proxecto Documental Integrado "Somos Auga"
Etiquetas:
2º EP,
PDI,
Proxecto Documental Integrado,
Somos auga
martes, 22 de mayo de 2018
A RADIO ESCOLAR COMO FERRAMENTA EDUCATIVA
Achegamos o texto de investigación "A radio escolar como ferramenta educativa", publicado en Aulas Libres (revista de pensamento, información e debate do STEG), onde se relata a experiencia de radio escolar levada a cabo no CPI Plurilingüe Virxe da Cela en colaboración co Laboratorio de Radio "Radio Itinerante Creativa".
Etiquetas:
Laboratorio Radiofónico,
Radio Itinerante Creativa
miércoles, 16 de mayo de 2018
VII CERTAME DE RELATOS BREVES FEIRACO
Feiraco Lácteos, SL, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o VII Certame de Relatos Breves Feiraco, co fin de promover o coñecemento, o uso e a divulgación da lingua galega. Podedes participar ata o 20 de maio cun microorrelato en galego que comece coa frase: “Subiu ata o faiado da casa e alí…”, en homenaxe a María Victoria Moreno.
Podedes consultar as bases en:
https://feiraco.es/gl/alimentando-un-xeito-de-ser/vii-certame-de-microrrelatos-feiraco/
Etiquetas:
certame,
Feiraco,
Letras Galegas 2018,
María Victoria Moreno Márquez,
relatos breves
IX CERTAME DE CINEMA OUFF ESCOLA 2018
Dentro das actividades cinematográficas do Festival de Cine Internacional de Ourense (Ouff), preséntase, na capital ourensá, a IX edición do OUFF Escola. Este concurso de creación audiovisual, organizado pola Concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Ourense en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vai dirixido a todos os centros de ensino públicos e privados que teñan no seu currículo materias en lingua galega. O prazo para participar finaliza o 2 de xullo. Podedes consultar as bases na seguinte ligazón:
http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0074/certame-cinema-ouff-escola
LETRAS GALEGAS 2018 NO CPI VIRXE DA CELA
O mércores 16 de maio celebramos o "Día das Letras Galegas 2018", e para conmemorar esta data tan especial contamos cun músico de primeira categoría, Bruno Villamor, profesor a Asociación de Folclóricos Virxe da Cela. Impartiu un interesantísimo concerto didáctico no que foi amosando cada un dos instrumentos empregados na música tradicional galega: gaita, tambor, tamboril, zanfoña, requinta, tarrañolas, cunchas, etc...
Como broche final un grupiño de nenas e nenos do noso colexio que forman parte desta asociación fixeron unha exhibición de danzas e cancións, e o alumnado de 3º da ESO clausurou a gala coa tradicional "Danza de Fitas". Esta danza é representada todos os anos para representar un homenaxe á primaveira desde que fai unha década o noso centro recuperou a tradicional Festa dos Maios. Unha gran alfombra floral con representación dun fondo mariño servía como decorado para contextualizar esta festa e á vez facer un guiño ao Proxecto Documental Integrado "Somos Auga", eixo central do traballo multidisciplinar neste curso 2017-2018.
Aproveitamos esta ocasión para facer entrega de premios dos concursos "Portada de Axenda Escolar" e "Preguntón 2018".
martes, 15 de mayo de 2018
MATERIAIS EN SCRATCH
Os deudores do tempo:
Brais, Bruno Caínzos, Antonio, Lucia e Silvia. 4º curso do C.P.I. Virxe da Cela de Monfero. Para aqueles nenos e nenas con algunha dificultade na lectura, atendendo á diversidade funcional, pensamos que poderían facelo coa axuda de algún adulto que lles fose lendo as preguntas. A revisión das respostas foi gravada polo grupo co fin de que xa no momento os rapaces e rapazas souberan se atinaran ou non..., dando sempre ánimos para seguir adiante.
Iria, Eva, Diego, Yuri Álvaro, Bruno Pereira e Marcos. 4º curso do C.P.I. Virxe da Cela de Monfero.
Brais, Bruno Caínzos, Antonio, Lucia e Silvia. 4º curso do C.P.I. Virxe da Cela de Monfero. Para aqueles nenos e nenas con algunha dificultade na lectura, atendendo á diversidade funcional, pensamos que poderían facelo coa axuda de algún adulto que lles fose lendo as preguntas. A revisión das respostas foi gravada polo grupo co fin de que xa no momento os rapaces e rapazas souberan se atinaran ou non..., dando sempre ánimos para seguir adiante.
Iria, Eva, Diego, Yuri Álvaro, Bruno Pereira e Marcos. 4º curso do C.P.I. Virxe da Cela de Monfero.
lunes, 7 de mayo de 2018
miércoles, 2 de mayo de 2018
ENCONTRO ENTRE DOCENTES DE AUDIOVISUAL EN GALICIA
O
venres 27 de abril A Coruña acolleu un encontro -patrocinado polo Concello da
Coruña- entre docentes de primaria, secundaria e bacharelato implicados no
ensino e promoción da cultura audiovisual en Galicia. Asistimos 39 docentes de
31 centros: 11 de bacharelato de artes, 9 de bacharelato con optativas
relacionadas co audiovisual e outros 11 centros con tradición audiovisual.
Entre
todas e todos decidimos crear varios grupos de traballo que ao longo dos
próximos meses explorarán eidos como a formación de docentes, a elaboración de
material didáctico para alumnado e a definición de demandas comúns para a
Administración. No horizonte, un segundo encontro a finais deste ano, no que
poder establecer en común, coa participación de tódolos axentes implicados,
unha folla de ruta para a planificación e desenvolvemento de estratexias,
metodoloxías e ferramentas que apoien a labor actual dos docentes e potencien a
ensinanza da cultura audiovisual na nosa comunidade.
A
ausencia dun programa estandarizado de alfabetizacion audiovisual derivou nos
últimos anos nunha gran variedade de proxectos e esforzos de todo tipo levados
a cabo dende os centros educativos, comunidade de docentes e profesionais do
medio audiovisual; inciativas todas elas que abarcan distintos e diversos
modelos de actuación e procedementos metodolóxicos. A Academia Galega do
Audiovisual impulsou esta primeira xuntanza, coa intención de propiciar un
proceso participativo e de diálogo aberto entre os distintos axentes implicados
nestes proxectos e esforzos.
Asistimos ao encontro: IES A
Xunqueira I, IES Adormideras (A Coruña), IES As Lagoas, IES Carballo Calero,
IES Concepción Arenal (Ferrol), IES Monte Castelo, IES Politécnico de Vigo, IES
Ramon Maria Aller Ulloa, IES Salvador de
Madariaga (A Coruña), IES Sanxillao, IES A Cachada –Olloboi (Boiro), IES As
Barxas (Moaña), IES de Cacheiras, IES Carlos Casares, IES Chamoso Lamas, IES O
Castro (Vigo) , IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), IES Porto do Son, IES
Salvaterra de Miño, CPI As Mirandas
(Ares), CPI Virxe da Cela(Monfero), CPI Plurilingüe de Navia de Suarna, CEIP
A Lama, CEIP do Carballal, CEIP Coiron, Colexio Galaxia, Colexio María Assumpta,
CPI Plurilingüe dos Dices e CEE de Vilagarcía
de Arousa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)