Mostrando entradas con la etiqueta Samaín 2022. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín 2022. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de noviembre de 2022

EN INFANTIL, TEÑEN MOITO QUE CONTAR!

 Na etapa de Educación Infantil están aproveitando ao máximo os novos espazos. Comezaron con moita enerxía este novo curso.

Seica agora falan de ambientes de aprendizaxe.

Que será iso?

Tranquilos!!! é algo moito máis sinxelo do que pode soar.

Desfrutar con propostas lúdicas nos diferentes espazos nos que podemos experimentar, sentir, facer, construír, deseñar, observar, crear, manipular...e sobre todo APRENDER XOGANDO.

Doado, non si?

Pois ben, este primeiro mes dedicárono ao outono facendo unha morea de actividades con elementos naturais.

Comezando por minimundos con animais e elementos naturais que recolleron da contorna, pasando por creacións propias con arxila, simetrías e trazos, experimentación sensorial, xogos de luces con siluetas de follas e cores, retroproxección de elementos típicos da estación...ata un bingo do outono e clasificacións de froitos secos.

En definitiva, tempo para poder gozar coñecendo cousas novas desta época do ano.

Velaquí unha mostra do noso traballo nos espazos.


E isto só é o principio...queda moito por diante!

Seguiremos mostrando o noso traballo.

 

 




sábado, 29 de octubre de 2022

SAMAÍN NO VIRXE DA CELA

Xornada festiva no CPI Plurilingüe Virxe da Cela para celebrar o Samaín.  Na xornada non faltaron os disfraces para ambientar a celebración. En horario de tarde todo o alumnado e profesorado do centro reuniuse no patio cuberto para desgustar unhas riquísimas castañas asadas e entregar os diplomas do concurso de "Decoración de portas Samaín".

Podedes ver un resumo no seguinte vídeo

martes, 25 de octubre de 2022

CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS

 


Nesta semana especial adicada ao Samaín unha visita polos corredores do centro pode ser terrorífica!!! Nas portas de todas as aulas de infantil, primaria e ESO habitan personaxes terroríficas. Nesta nova edición do Concurso de Decoración de Portas os premios estarán moi reñidos, porque as propostas dos diferentes grupos desprenden creatividade e o nivel está moi alto!! Nos próximos días coñeceremos os gañadores. 

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

 


Para contribuír ao ambiente terrorífico do Samaín xa está a disposición de toda a comunidade educativa unha nova edición de Exposición de Cabazas. Os diferentes grupos de educación infantil e primaria veñen acompañados polos seus titores/as a facer a entrega das propostas. Incluso apréciase o trasiego de pais e nais que veñen directamente a colocar as cabazas  dous máis pequenos/as, debido ao peso e tamaño ou ás complexas decoracións. Ano a ano alumnado e familias mostran pasión e motivación nesta actividade que xa é todo un "clásico" no CPI Plurilingüe Virxe da Cela.

 

 

SAMAÍN NA BIBLIOTECA ESCOLAR

 O ambiente da Biblioteca Castelao é realmente e fantasmagórico durante esta semana adicada ao Samaín. Cada ano o equipo da biblioteca exprime ideas para crear estes ambientes arrepiantes, sempre creando escenografías  de grande inxenio, creatividade e calidade. E si queredes afondar no mundo dos defuntos, dos mostros, das critauras terroríficas, tedes á vosa disposición varios recunchos que amosan bibliografía asociada a esta temática. 




miércoles, 19 de octubre de 2022

SAMAÍN 2022

CONCURSO DECORACIÓN PORTAS EXPOSICIÓN CABAZAS