Na etapa de Educación Infantil están aproveitando ao máximo os novos espazos. Comezaron con moita enerxía este novo curso.
Seica
agora falan de ambientes de aprendizaxe.
Que
será iso?
Tranquilos!!!
é algo moito máis sinxelo do que pode soar.
Desfrutar
con propostas lúdicas nos diferentes espazos nos que podemos experimentar,
sentir, facer, construír, deseñar, observar, crear, manipular...e sobre todo
APRENDER XOGANDO.
Doado,
non si?
Pois
ben, este primeiro mes dedicárono ao outono facendo unha morea de actividades
con elementos naturais.
Comezando
por minimundos con animais e elementos naturais que recolleron da contorna,
pasando por creacións propias con arxila, simetrías e trazos, experimentación sensorial,
xogos de luces con siluetas de follas e cores, retroproxección de elementos
típicos da estación...ata un bingo do outono e clasificacións de froitos secos.
En
definitiva, tempo para poder gozar coñecendo cousas novas desta época do ano.
Velaquí unha mostra do noso traballo nos espazos.
E
isto só é o principio...queda moito por diante!
Seguiremos
mostrando o noso traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario