O CPI Virxe da Cela presenta proposta "Flowers Coruxou S.L" ao concurso I-Comercio: Deseña o teu comercio Ideal. Foron varias semanas de traballo intenso tanto nas materias de Xeografía e Historia como en Educación Dixital, nas que o alumnado de 3º da ESO, dividido en dous grupos, ideaba a súa proposta de comercio ideal. Un dos grupos é o autor de "Flowers Coruxou S.L", unha idea de negocio floral que cabalga entre a tradición e a modernidade. O produto final elaborado para o concurso é un podcast radiofónico. Estoitade atentos e deixade voar a vosa imaxinación. Moita sorte aos participantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario