sábado, 29 de octubre de 2022

SAMAÍN NO VIRXE DA CELA

Xornada festiva no CPI Plurilingüe Virxe da Cela para celebrar o Samaín.  Na xornada non faltaron os disfraces para ambientar a celebración. En horario de tarde todo o alumnado e profesorado do centro reuniuse no patio cuberto para desgustar unhas riquísimas castañas asadas e entregar os diplomas do concurso de "Decoración de portas Samaín".

Podedes ver un resumo no seguinte vídeo

martes, 25 de octubre de 2022

CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS

 


Nesta semana especial adicada ao Samaín unha visita polos corredores do centro pode ser terrorífica!!! Nas portas de todas as aulas de infantil, primaria e ESO habitan personaxes terroríficas. Nesta nova edición do Concurso de Decoración de Portas os premios estarán moi reñidos, porque as propostas dos diferentes grupos desprenden creatividade e o nivel está moi alto!! Nos próximos días coñeceremos os gañadores. 

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

 


Para contribuír ao ambiente terrorífico do Samaín xa está a disposición de toda a comunidade educativa unha nova edición de Exposición de Cabazas. Os diferentes grupos de educación infantil e primaria veñen acompañados polos seus titores/as a facer a entrega das propostas. Incluso apréciase o trasiego de pais e nais que veñen directamente a colocar as cabazas  dous máis pequenos/as, debido ao peso e tamaño ou ás complexas decoracións. Ano a ano alumnado e familias mostran pasión e motivación nesta actividade que xa é todo un "clásico" no CPI Plurilingüe Virxe da Cela.

 

 

SAMAÍN NA BIBLIOTECA ESCOLAR

 O ambiente da Biblioteca Castelao é realmente e fantasmagórico durante esta semana adicada ao Samaín. Cada ano o equipo da biblioteca exprime ideas para crear estes ambientes arrepiantes, sempre creando escenografías  de grande inxenio, creatividade e calidade. E si queredes afondar no mundo dos defuntos, dos mostros, das critauras terroríficas, tedes á vosa disposición varios recunchos que amosan bibliografía asociada a esta temática. 




viernes, 21 de octubre de 2022

CONCURSO EXPOSICIÓN FRANCISCO FERNANDEZ DEL RIEGO, LETRAS GALEGAS 2023

     A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua de Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado en 2023 no Día das Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu. 
     Poderán participar os centros docentes de ensino público non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Concederanse dous premios, un para cada unha das dúas categorías de participación. Categoría A: educación infantil e primaria Categoría B: educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.

Convocatoria Concurso Letras Galegas 2023 by veracruces on Scribd

miércoles, 19 de octubre de 2022

SAMAÍN 2022

CONCURSO DECORACIÓN PORTAS EXPOSICIÓN CABAZAS

martes, 18 de octubre de 2022

IX CONCURSO "A CIENCIA EN IMAXE"

Con motivo da festividade de San Alberte Magno, patrón das Facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química da Universidade de Santiago de Compostela, convócase a IX edición do concurso “A Ciencia en Imaxe”, este ano ábrese a partición aos Centros de Ensino Medio de Galicia.

Cartel Ciencia Imaxe 1 by veracruces on Scribd

Bases Concurso Ciencia en Imaxe 2022 .Pdf_asinado by veracruces on Scribd

jueves, 6 de octubre de 2022

ENRAIZADAS SEGUNDA SESIÓN

 











Mércores 6 outubro 2022. Na primeira sesión aprenderon o significado de referente, fixéronlles reflexionar sobre o significado de referentes para eles. Descubriron a obra das superavoas de Yoseba (ex. Graffite de Lola a greleira de Ordes) Para a segunda sesión tiveron que entrevistar a un referente feminino persoal. Hoxe expuxeron as entrevistas é debuxaron con collage ás súas referentes: case todas as súas avoas.

miércoles, 5 de octubre de 2022

martes, 4 de octubre de 2022

IV PREMIOS MIL PRIMAVERAS

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) acaba de presentar os IV Premios Mil Primaveras co fin de recoñecer e divulgar accións, programas, campañas ou proxectos que promovan o uso e prestixio da lingua galega. A data límite para inscribirse é o 31 de xaneiro de 2023.


Bases Dos IV Premios Mil Primaveras 2022 by veracruces on Scribd

XIII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

VII XORNADA DE ONOMÁSTICA GALEGA

a Real Academia Galega organiza a VII Xornada de Onomástica Galega, dedicada, nesta edición, aos nomes propios na literatura. Desenvolverase o sábado, 15 de outubro, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. O prazo para anotarse remata o 12 de outubro.

Programa VII XOG by veracruces on Scribd

SABES TODO O QUE TEMOS NO MAR?

Vídeo divulgativo de Jaime Beiro Formoso sobre a riqueza do noso mar, tanto no plano biolóxico coma no lingüístico. O seu obxectivo é dar a coñecer as especies e tipos de fondos e mais os nomes que reciben en galego, diferentes ao longo da costa. Combina imaxes reais das augas e dos fondos mariños con ilustracións das especies máis representativas. O proxecto contou co asesoramento da divulgadora científica Bibiana García.

TREIDES COMIGO. XOAN CURIEL

O compositor e cantante Xoán Curiel musicalizou varias cantigas medievais compostas por trobadores galegos vencellados dalgún xeito a autores dos lugares polos que transcorre o Camiño de Santiago. Xunto coa cantante e filóloga Iris Gey, realizou unha revisión e unha abordaxe contemporánea das cantigas medievais galegas para crear este novo traballo discográfico: Treides Comigo.

Treidescomigo Ud (1) by veracruces on Scribd