jueves, 30 de abril de 2020

CONTÁDENOS O VOSO DÍA DAS LETRAS

Certame convocado pola RAG para promover entre os nenos e as nenas de infantil e primaria o desenvolvemento de actividades sobre Carvalho Calero. O prazo para envialas remata o 30 de xuño.


ENREGUÉIFATE 2020

O concurso de regueifas "Enreguéifate 2020" mantén a data de presentación dos vídeos ata o 29 de maio.

O MEU PASO POLO QUIRÓFANO

Compartimos neste período de crise sanitaria, O meu paso polo quirófano, un álbum ilustrado editado pola SXPL (Secretaría Xeral de Política Lingüística) para axudarlles ás rapazas e aos rapaces hospitalizados a pasar polo transo dunha intervención cirúrxica.
 

miércoles, 22 de abril de 2020

A SENDA DO XESTAL: BLOG DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Achegamos a dirección do novo blog do Departamento de Orientación. Este blog xorde coa situación actual do estado de alarma decretado polo Goberno de España. Un xeito de achegarnos á comunidade educativa de xeito telemático en xeral e ao noso alumnado en particular. Unha ferramenta para compartir dúbidas, materiais, información e todo aquilo que se nos presente nestes momentos de incerteza xeral. 



MENSAXE PARA O ALUMNADO DO CPIP VIRXE DA CELA