Xesteira Films, en colaboración con VirxedacelaSoundStudio, vén de lanzar o videoclip 50 Primaveras Xuntas, un producto audiovisual promovido polo Departamento de Música do CPI Virxe da Cela. A canción foi creada pola alumna U.T.M. de 3º da ESO utilizando a ferramenta de IA Suno, coma unha homenaxe ao centro educativo no seu 50 Aniversario. Contamos coa fermosa voz da alumna L.F.V. de 4º da ESO, gravada e editada no estudo VirxedacelaSoundStudio no espazo Ferraganchos. O videoclip foi gravado no patio da escola e nos espazos naturais dos arredores, tendo como protagonistas ao alumnado de 4º da ESO, utilizando a idea da graduación como mapa visual e narrativo. Gravación e edición corre a cargo de Xesteira Films, que promove o audiovisual en galego desde o CPI Virxe da Cela.
miércoles, 24 de junio de 2026
martes, 16 de junio de 2026
jueves, 11 de junio de 2026
TEEN SIDE: REVISTA PARA A MOCIDADE
miércoles, 27 de mayo de 2026
INTERCAMBIO CULTURAL E LINGÜÍSTICO
John Niko, o noso auxiliar de conversa, está no tramo final da súa estadía no noso centro educativo. Foron meses de intercambio non so lingüístico, senón cultural. Agora Niko poderá espallar a lingua e cultura galegas alén dos mares, no seu país de procedencia, Filipinas.
O programa de auxiliares de conversación da Xunta de Galicia busca potenciar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras e fomentar o intercambio cultural. Os asistentes nativos colaboran co profesorado dos centros plurilingües e seccións bilingües para mellorar a expresión e comprensión oral dos estudantes galegos. Este programa está xestionado principalmente a través das convocatorias nacionais do Ministerio de Educación, en coordinación coa Xunta de Galicia para centros bilingües e plurilingües.
jueves, 21 de mayo de 2026
FESTIVAL DOS MAIOS E DAS LETRAS GALEGAS 2026
Hoxe foi un día moi especial no CPI Virxe da Cela. Letras, música e tradición da nosa terra, nunha festa popular ao aire libre. Alumnado das diferentes etapas educativas xuntámonos no exterior, nunha sesión vermú a base de empanada, tortilla e moita auga para combatir as altas temperaturas. Non faltou a música, o baile, e a literatura. Cultura enxebre a golpe de calor tropical. Contamos con Richi Casás como pregoeiro desta celebración, e numerosas persoas convidadas achegáronse a presentar a figura de Begoña Camaño, así como a amenizar con música a xornada.
Un escenario de luxo, decorado especialmente para a ocasión: unha fermosa alfobra floral, típica dos Maios, que homenaxeaba á vez ao CPI Virxe da Cela no seu 50 aniversario. Parabéns a este centro do rural por ter sobrevivido por cinco décadas ás ameazas da despoboación. Ogallá que sigades camiñando outros moitos anos.
Os Maios, xunto coas Letras Galegas, foron o outro fío conductor da celebración. Todas as clases pasaron polo escenario regalando ao público a súa arte no recitado de coplas, as danzas colectivas e os cantares populares.
domingo, 17 de mayo de 2026
TEATRO: COSER E CANTAR
Dentro da programación de igualdade, a ANPA do CPI Plurilingüe Virxe da Cela organizou un espectáculo de teatro titulado Coser e Cantar, da man de Marta Ortiz, para alumnado de EI e EP.
jueves, 14 de mayo de 2026
A FIGURA DE BEGOÑA CAAMAÑO NO CLUB DE LECTURA
jueves, 30 de abril de 2026
A Revolución dos Caraveis
O luns 27 de abril realizamos unha actividade conmemorativa da Revoluçao dos Cravos en Portugal, que rematou coa ditadura inicial de Salazar e culminada na persoa de Oliveira no ano 1974.
O alumnado de 4º da ESO estudou a evolución histórica deste movemento autoritario e realizou un marcapáxinas co Grândola. O día 27 (ante a imposibilidade de facelo o propio día por caer en sábado) pasaron polas distintas aulas de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º e 3º da ESO, para explicarlles aos seus compañeiros a evolución da ditadura e, sobre todo, a súa fin, coa anécdota dos caraveis.
Ao rematar a exposición entregáronlles a cada un dos oíntes un marcapáxinas e un caravel.
Participación na xornada Fai Memoria! co proxecto Voces Silenciadas. Lugares de Memoria
O sábado 25 de abril, coincidindo co 51º aniversario da Revolución dos Cravos en Portugal, tivo lugar a xornada Fai Memoria! organizada pola Deputación de A Coruña no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia de Santiago de Compostela e presentada por Sol Agra e Eva Mejuto. O seu obxectivo é a formación dos docentes de Educación Primaria e Secundaria en relación ao tema da Memoria Democrática.
O noso centro, representado pola docente de Xeografía e Historia Paula Cadaveira, participou expoñendo o proxecto Voces Silenciadas. Lugares de Memoria. Violencia e represión en Monfero, Irixoa, Aranga e Vilarmaior durante a Guerra Civil e a posguerra (1936-1949) no que o alumnado de 4º da ESO leva traballando dende setembro na materia de Xeografía e Historia.
Na presentación explicouse o contexto de traballo, a metodoloxía e os recursos empregados, as actividades complementarias realizadas e os produtos finais resultantes da investigación, así como as novas perspectivas que agardamos poder levar a cabo nos próximos meses.
viernes, 24 de abril de 2026
PREPARANDO OS MAIOS
lunes, 23 de febrero de 2026
23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA
Hoxe, luns 23 de febreiro de 2026, desde o CPI Plurilingüe Virxe da Cela queremos querer en valor a obra e o legado da autora Rosalía de Castro, unha galega universal. A través de investigacións recentes sábese que a escritora naceu ou 23 de febreiro de 1837, por iso o 23 de febreiro é unha data clave para celebrar a súa figura como piar dá literatura galega e símbolo cultural.
Rosalía ten unha importante relevancia cultural, xa que é a autora máis universal e influente da cultura e literatura galega, sendo unha das figuras centrais da literatura no século XIX. En canto á valoración da lingua, estaca o papel de Rosalía no rescate e dignificación da lingua galega a través da súa poesía, nun tempo no que estaba marxinada.
Nos corredores deste edificio de secundaria podedes visitar unha pequena exposición con fondos bibliograficos da autora e visualizar un fermoso panel co retrato de Rosalía de Castro e información sobre ela.
O alumnado da ESO traballo utilizando ferramentas dixitais na composición de cancións adicadas a Rosalía e creadas grazas á intelixencia artificial. Unha delas é a elaborada pola nosa compañeira Alejandra Souto, de 4º da ESO, titulada Rosalía no Vento, que será interpretada con moito sentemento pola nosa compañeira Lola Flores, tamén de 4º da ESO. Esperemos que vos guste e moitas grazas por acompañarnos hoxe eiquí, na Biblioteca Castelao, formando parte desta homenaxe a Rosalía e axudando a difundir o seu legado. Un forte aplauso……
viernes, 13 de febrero de 2026
lunes, 19 de enero de 2026
VOCES SILENCIADAS. LUGARES DE MEMORIA








