jueves, 14 de mayo de 2026

A FIGURA DE BEGOÑA CAAMAÑO NO CLUB DE LECTURA

 


Todos os mércores, en semanas alternas, un grupiño de rapaces e rapazas da ESO reúnense na biblioteca escolar non so para falar dos libros e da lectura, senón para defender ideas, escoitar puntos de vista e respectar opinións diverxentes. Forman parte do Club de Lectura Larpacontos da ESO, un club que xa ten unha longa traxectoria no noso centro educativo. Ademais da casi decena de alumnos/as, deste club tamén forman parte varias profesoras da ESO, que exercen o rol de mediadoras. O pasado mércores 13 de maio a profesora de lingua galega, Laura Pensado, aproveitou para presentar a figura de Begoña Caamaño, homenaxeada o Día das Letras Galegas 2026. Precisamente o vindeiro venres 22 de maio o noso centro celebrará un festival cultural onde se mesturarán as letras (Día das Letras Galegas) e a tradición (Festa dos Maios), e varios membros/as do club farán a lectura de diferentes textos en torno a Begoña Caamaño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario