Con motivo da conmemoración das Letras Galegas 2009.
Obxectivos:
· Potenciar o uso escrito da lingua galega.
· Fomentar o emprego das novas tecnoloxías na educación.
Bases do certame:
- Este concurso está dirixido ao alumnado de Educación Primaria e Educación Secundaria do C.P.I. Virxe da Cela.
- Os traballos deberán estar redactados en lingua galega.
- Os textos poderán adoptar calquera modalidade literaria.
- Os participantes colgarán os seus traballos no blogue Xesteira, (http://cpivirxedacelaxesteira.blogspot.com/) no apartado de “comentarios” da entrada “Certame Literario On-Line”, incluíndo os seus datos persoais ou un pseudónimo.
- O prazo de presentación de traballos estará aberto durante todo o mes de Maio de 2008.
- Un xurado integrado por un/unha representante do E.N.D.L, un/unha representante da Bibliteca Castelao e un/unha representante do Departamento de Lingua Galega decidirán os gañadores, na modalidade de Educación Primaria e Educación Secundaria
Nota de aviso. Debido á escasa participación no certame, o E.N.D.L. decidiu suspender esta convocatoria e declarar os premios desertos. Monfero, 4 de Xuño de 2009.
probando as entradas a comentario
ResponderEliminarCintia Grueiro Buján, 4º EP
ResponderEliminarConto ao revés.
Este era un lobo bo, que ía visitar o seu bisavó. O seu pai díxolle:
-Ten coidado cos humanos, non son de confianza. Lévalle o teu bisavó un encrucillado e un pais. Xa sabes que lle gustan moito.
Polo camiño atopouse con Carapuchiña negra. Ela díxolle que lle levara un bo ramo de toxos para picarlle no cu á xente que ía matalos e de paso que levara meteoritos para explotar a casa.
Entón o lobo Manolo dirixiuse á casa do seu bisavó e tirou os meteoritos e contou ata cinco: seis, nove, dous, tres, cinco. Nese intre os meteoritos estalaron e o bisavó saiu fumeando chamuscado e sen rabo.
Sofía Pena Freire, 4º EP
ResponderEliminarHoxe amenceu un día fermoso.
Por iso desde ben cedo
cantaba o cuco ben ledo.
De tanto que cantou e cantou,
o día escureceu e de repente choveu.
Vaite de aí, cuco,
vaite e non volvas a cantar
para que o sol volva brillar.
Laura Sanjuán Cainzos, 4º EP
ResponderEliminarIsto era unha muller que era fea pero millonaria. Un día polo barrio apareceu un vagabundo e estaba pidindo diñeiro para poder comer e o señor chamado Julián díxolle á señora Estela:
- É vostede moi boa, señora Estela. Agora xa poderei comer, grazas.
- Non, isto é para que comas outro día, hoxe ves comer á miña casa, dixo Estela.
- ¿De verdade? –dixo Julián.
- Claro que si –dixo Estela-. Eu nunca minto.
Os dous foron para a casa e Julián dixo:
- Menuda casa ten, señora Estela.
- Non é nada, teño outra máis grande en Andalucía.
Chamaron á porta; foi abrir a criada. Era o seu mozo Óscar que só estaba con Estela polo diñeiro. Era un malagradecido porque ela dáballe o que tiña, ata lle comprou un coche e un avión privado. Pero o vagabundo abreulle os ollos a Estela e díxolle:
- Non te das conta de que só está polo teu diñeiro.
Pero Estela non lle fixo caso. Pero un día Estela colleu a Óscar falando coa súa muller e tamén tiña cinco fillas e esperou á noite para botarlle a bronca. El foise correndo co seu coche e as tarxetas de crédito, pero ela como era moi lista anulounas e deulle as grazas a Julían. Ela díxolle se quería que se coñecesen. El aceptou porque era honrada. Ó final detiveron a Óscar porque el era moi malo e Julián e Estela casaron, tiveron moitos fillos, un seis, e Óscar non deu saido do cárcere, e os seus fillos e a muller tiveron que pedir para poder pagar a fianza. Estela por ser boa, deulle algúns euros, pero non lles chegaron para pagar a fianza e Estela e Julián foron moi felices e comeron perdices.
Iván Miño Rodríguez, 4º EP
ResponderEliminarÉrase unha vez unha xoaniña boa que sempre andaba voando pola carballeira. Un día apareceu un grilo que a atacou. A xoaniña ferida foise correndo e escondeuse detrás dun carballo. Despois veu unha abella que encontrou a xoaniña. De súpeto apareceu o pai da xoaniña que tiña grandes poderes e estaba moi enfadado. Foi buscar o grilo e matouno.
Pablo Medín Roibás, 4º EP
ResponderEliminarO tempo engana
Érase unha vez un cativo chamado Brais. Era un hipócrita e un pasmán. Só se dedica a ver a tele. Pero un día na clase quedou durmido coma sempre e cando espertou todos estaban paralizados. Entón unha voz estraña dicía:
-Son o tempo, pero da hora e estou aquí para facerte sufrir.
O rapaz sin saber que facer dixo:
- Acabarei contigo.
Loitan e loitan ata que empezan a insultarse mutuamente. Despois de moito discutir fanse amigos e logo póñense a falar. Resulta que Brais estaba soñando e de repente entra a directora na clase e dilles o seguinte:
- O luns non poderei vir porque caso con Berta que é lesbiana, coma min, e vén do país Vasco. Entón mediante o soño Brais esperta e di:
-¡¡¡ A min que me importa!!!
Entón cáelle un castigo de importancia.
Antía Gómez Ramos
ResponderEliminarUnha vía do tren
A parada do tren
E tan ancha a vía
Que parecía
Unha variña delgadiña.
O tren marchou cedo
E o tren chegou cedo
Cando volveu non parou
Polo cheiro do xamón.
O tren quedou vacío
Pero cheo por dentro
E como era glotón
O médico devolveulle o favor.
Ao final o tren
Que era moi glotón
E o médico gordinflón
Riron e riron e riron
¡Que glotóns!
Erea Fernández Lence, 4º EP
ResponderEliminarÉrase unha vez o neno Pedro que ía á escola a Betanzos, ó Vales Villamarín. E acércase a Semana Santa e non fixera ningunha das fichas que lle dera dona Celia e avisouno que se non facía as fichas ademais de castigalo sen recreo, ía suspender. Entón Pedro, como non quería suspender chegou á casa e díxolle á nai:
- Teño que facer todas as fichas atrasadas porque senón dona Celia ademais de castigarme, suspéndeme.
- Ben, pois entón, ponte a facer as fichas atrasadas, porque ata que non as remates non vas xogar á praza cos teus amigos e sácoche a Play Station 2 e 3, a Wii, a Wii Fit...
- Xa vou, mamá. ¿Cando teño que entregar todo o que teño pendente?
- Mañá, así que bule facelo.
Erea Fernández Lence, 4º Ed. Primaria
ResponderEliminarA FABRICA DO TURRÓN
Érase unha vez o señor Pablo, que tiña unha fábrica de turrón. El é loiro, alto e delgado. A fábrica está no polígono industrial da Grela. Pero tiña un problema: estropeáronselle as máquinas de facer o turrón. Entón chamou ó empresario Adrián que era alto, loiro e delgado como o empresario Pablo. O empresario Adrián tiña unha fábrica de máquinas de facer turrón; el tíñaa no polígono industrial de AS PONTES. Entón o empresario Adrián vendeulle as máquinas de facer o turrón e o empresario Pablo puido facer o turrón e repartilo polo Corte Inglés, Alcampo, Makro, Gadis, Dia, Lidl, etc., e así todos comeron o turrón e pasaron un bo Nadal.
Sara Rubianes Souto, 4º Ed. Primaria
ResponderEliminarO AMOR NO POLIGONO INDUSTRIAL
Nun polígono industrial había un home e unha muller que traballaban xuntos e díxolle o home sensible e amoroso á muller poética e traballadora:
- ¿Queres casar comigo? -preguntou Xoán.
Responde Luísa a Xoán en poesía:
- Pois cando te miro namórome de ti e cando deixo de mirar non te quero. Si quero, pero casaremos o día de Nadal, o 25 de decembro de 2008 e viviremos felices e comeremos perdices.
Pablo Medín Roibás, 4º Ed. Primaria
ResponderEliminarAMOR EN NADAL
Era unha vez un empresario bastante guapo, era presumido, mandón e tiña unha gran fortuna, pero tamén tiña un polígono industrial. No polígono industrial traballaba moita xente, entre esa xente había unha traballadora cun bó carácter, un bó humor, pacífica e por suposto namorada do empresario, que por certo se chamaba Gabriel. El non a aceptaba, ata que un día, case en Nadal, deuse conta de que ela tiña un bó corazón e entón díxolle se quería ser a súa moza e ela aceptou. El tamén lle dixo que cambiaría de actitude.
Pasaron os días e eran moi felices, pero presentouselles un problema cun rei moi poderoso, e como cada vez faltaba menos para o Nadal, non podían deixar que se lles presentase un problema tan grande.O problema era que un rei moi poderoso mandou a todos os homes presentarse no palacio onde vívía para que a súa filla lexítima chamada Isabel, elixira cal sería o seu futuro esposo. Entón dixo a traballadora, que se chamaba Sonia:
- Gabriel cortamos a nosa relación, porque seguro que te elixe a ti.
Entón Gabriel púxose moi triste.
Chegou o día e a filla lexítima do rei elixiu a Gabriel.
Entón Gabriel dixo:
- Eu non quero casar con Isabel.
O rei respondeulle:
- Se non casas coa miña filla mando que te maten.
Entón Gabriel tivo que aceptar. O día seguinte no polígono apareceu Isabel e dixo:
-Agora traballo aquí e tamén podo mandar neste polígono industrial de xeito que támen estou aquí como xefa.
Chegara o Nadal e Sonia deulle un paquete a Gabriel; el abriuno e no seu interior atopou unha carta, unha carta de amor. Gabriel viuna e deulle as grazas a Sonia e támen lle dixo que falaría con Isabel para que o deixara libre. Pero ela non aceptou.
Entón un home recén saído do cárcere denunciou o rei por obligar a un home a casar cunha muller que non ama e por facerlle a el pasar trece anos no cárcere por acusación falsa e un roubo moi grande.
Acabou o Nadal, o rei estaba preso, o home recuperara todo o que o rei lle roubara e Gabriel e Sonia estaban casados.
encantame o conto de cintia grueiro,porque e moi divertido.
ResponderEliminar