A Real Academia
Española (RAE), no dicionario da súa vixésimo segunda edición, engade os termos
“tosco” e “inculto” na segunda acepción da palabra “rural” como sinónimos da
mesma.
Isto foi o que
observamos durante o curso pasado nas clases de Lingua Castelá coa nosa
profesora Carmen Espiñeira (do 1.º ciclo da ESO). Cando nos comentou o tema
quedámonos un pouco “burlados” e mesmo nos mostramos incrédulos.
Fixemos un pequeño
estudo sobre a RAE e aí quedou todo, ata este ano. Entendemos moi ofensivo e
mostramos indignación porque nós vivimos no rural e estamos orgullosos diso.
Por tal motivo, redactouse unha carta para enviar á RAE, que previamente foi
enviada ós concellos de Irixoa, Monfero e Vilarmaior. Polo tanto, un grupo de
alumnos e alumnas do centro fomos o pasado xoves, 19 de abril de 2012 ós
concellos de Monfero e Irixoa para presentar unha solicitude ou moción para que
o pleno de cada concello a aprobe. Máis tarde, dúas compañeiras nosas foron ó
concello de Vilarmaior para presentar a mesma moción. Na casa consistorial de
Irixoa recibeunos David Souto, que lle deu entrada á moción e, este mércores,
25 de abril de 2012, asistimos con entusiasmo e contento ó Pleno da corporación
municipal do Concello de Irixoa, onde aprobaron a moción por unanimidade,
prestando un apoio total e absoluto ós nosos propósitos. Alí, Bea Abelairas,
xornalista de “La Voz de Galicia”, asistiu ó pleno e fíxonos algunhas
preguntas. Foi interesante facer a actividade e asistir ó pleno (unha lección
de Sociais… Así entendemos o que era o “remanente”). E agora, para confinar os
nosos propósitos precisamos da colaboración da xente, pois estamos a recoller
sinaturas para envíalas, posteriormente, á Real Academia Española xunto coa
carta.
Antonio González López, 3º ESO CPI Virxe da Cela