miércoles, 29 de mayo de 2019

CHARLA SOBRE A GAITA GALEGA

Temos moita sorte de ter no noso cole a un virtuoso da gaita. O seu nome é Felipe Rey Castro, cursa 2º da ESO, e o pasado luns 27 de maio de 2019 impartiu unha interesantísima charla aos seus compañeiros/as de clase sobre este instrumento. 



viernes, 24 de mayo de 2019

CHARLA SOBRE O LEITE




O Programa Escolar de Consumo de Leite e Produtos Lácteos, elaborado e posto en marcha polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, co apoio da Unión Europea, é un programa educativo dirixido á poboación infantil de 3 a 18 anos, e preferentemente ao segmento comprendido entre os 6 e os 10 anos. Baixo o programa “Goza con Lucy e a banda láctea” preténdese fomentar a importancia de consumir leite e produtos lácteos entre a poboación infantil, a elaboración destes produtos, o coñecemento da cadea produtiva, especialmente en relación co mundo rural, e inculcar condutas saudables vencelladas ao consumo de leite e produtos lácteos.

Parroquia ferraganchos: creatividade ao poder






Na actualidade un dos piares dos retos educativos actuais, que son apoiados por moitas investigacións e prácticas educativas, é a innovación. Dita innovación se debe asentar nas potencialidades e necesidades contextuais para que esta supoña un verdadeiro cambio na realidade educativa.

De aquí parte o conxunto de actuacións que aquí presentamos, dentro do programa Introdución á robótica en Ed. Primaria e que queren ser nexo de unión entre realidade, inclusión e equidade para acadar procesos educativos de calidade que sexan quen de satisfacer as necesidades e demandas dun contexto educativo concreto.

A través das mesmas, o alumnado coñece a súa realidade e é quen de intervir na mesma con capacidade de transformación e empregando para elo os recursos propios de medio e os que lles proporcionan as tecnoloxías da información e da comunicación. Estas últimas, ademais permiten que adquiran unha perspectiva global de mellora social. Empregalas para o aprendizaxe e o coñecemento supón crear coñecemento, pero tamén contar con capacidade para difundilo e para darlle valor. Todo isto dende a responsabilidade e a reflexión crítica do que podemos ser e o que queremos ser. Valores e competencias que axudan a crear comunidade.





Pero, como o fixemos?

Para comezar introducímonos no mundo da programación coa plataforma Scratch (1º trimestre) creando xogos serios. Moi sinxelos ao principio, que progresivamente, leváronnos a despregar os coñecementos necesarios para enfrontarnos ao traballo cooperativo de montar e programar os robots (2º e 3º trimestre).

Introducímonos no mundo da robótica aprendendo que é unha máquina autónoma programada. O seguinte paso é o ensamblaxe das diferentes pezas e compoñentes vendo a finalidade de cada unha facendo especial énfase na placa electrónica. Unha vez ensamblados os robots o seguinte paso é a acción libre, na que o alumnado investiga e manexa a máquina co programa que trae por defecto. Esta é a primeira toma de contacto para poder ter unha idea inicial e xeral do funcionamento dos diferentes sensores que integran a máquina.

Nos asentamos entón, na interacción e o xogo para aprender. En la segunda secuencia de actuacións, a través das propostas incluídas do material da convocatoria e outras propostas dende os grupos cooperativos (de catro discentes) .se observa primeiramente que temos que ser quen de establecer a finalidade da acción do obxecto tecnolóxico, para posteriormente coñecer as peculiaridades e características do entorno de programación en forma de traballo por equipos seguindo a secuencia: deseño, asunción de roles, codificación dos algoritmos, entre outros.

Por último, neste curso escolar iniciamos os obradoiros despois do tempo de comedor para toda a etapa de Ed. Primaria, iniciando ao alumnado de 1º a 4º curso da etapa na montaxe de máquinas simples grazas a dotación de recursos da convocatoria. Para o seu desenvolvemento organizábanse grupos de traballo cooperativos entre niveis coa finalidade de potenciar a titoría entre iguais, exercendo a coordinación dos grupos o alumnado con coñecementos básicos en robótica (5º e 6º curso). A partir do 2º trimestre  unha vez coñecidas as propiedades básicas da máquinas pasamos a montaxe de robots e programación básica dos mesmos.

Finalmente, expoñemos os resultados obtidos.

Sobre todo este proxecto supuxo unha nova forma de ver e entender a tecnoloxía, non so como un mero recurso senón, como unha fórmula para crear coñecemento autónomo, cooperativo e real. Tamén, para achegar a comunidade educativa unha perspectiva da evolución social próxima a realidade e con perspectiva, cada vez maior, de ser parte fundamental do futuro.


miércoles, 22 de mayo de 2019

UN MAR DE MUIÑEIRAS

O CFR de Ferrol quere celebrar este día das Letras Galegas 2019, dedicadas a Antón Fraguas, compartindo con todo o profesorado este vídeo realizado cos nenos e as nenas de diferentes centros de Ferrolterra. Un mar de muiñeiras é unha accion educativa coa pretensión de vindicar a danza galega na escola, e ao tempo homenaxear as letras galegas no 2019, adicadas ao mestre da etnografía galega Antón Fraguas. Cremos nun futuro cheo de barcos e muiñeiras. Sentímonos carpinteiros de ribeira laborando a escola do porvir a rítmo de seis por oito.



 

martes, 21 de mayo de 2019

RTV ENXEBRE CELEBRA AS LETRAS GALEGAS 2019

A RTVENXEBRE do CPI Virxe da Cela de Monfero celebra o Día das Letras Galegas 2019 cunha escolma de libros de autores e autoras galegas. Iso si, cunha excepción: só obras de autores/as vivo/as. Unha iniciativa de Laboratorio de Radio e o CPI Virxe da Cela co apoio de Ayuda en Acción e Fundación La Caixa.


jueves, 16 de mayo de 2019

ANTÓN FRAGUAS


PREMIOS MIL PRIMAVERAS

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), coa colaboración económica da Deputación Provincial de Pontevedra, crean os Premios Mil Primaveras coa finalidade de valorar, recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que teñen como obxectivo principal a posta en valor e o fomento da lingua e a procura do incremento do seu uso e/ou prestixio. Con estes premios preténdese recoñecer e proxectar o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística, dar visibilidade a proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poidan servir como modelos. Para abranguer propostas diversas e diferentes colectivos e ámbitos sociais, establécense seis categorías. O premio non terá dotación económica; consistirá no recoñecemento e na ampla difusión das accións, programas ou proxectos escollidos polo xurado. Todas as candidaturas deberán ser de programas, proxectos ou accións xa desenvolvidas e con vixencia total ou parcial en 2017, 2018 ou 2019; non se valorarán propostas de accións pendentes de levar a cabo. A inscrición faise a través dun formulario dispoñible no sitio web específico do premio, www.milprimaveras.gal. O prazo de inscrición vai do 2 de abril ao 17 de maio de 2019.


III CONCURSO DE BOOKTRAILERS DO IES PONTEPEDRIÑAS


III Concurso de booktrailers, un certame convocado polo IES Pontepedriña de Santiago de Compostela co obxectivo de promover a creatividade audiovisual e a lectura en galego. Este curso, o EDLG deste instituto amplía a convocatoria a todos os rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos de todos os centros de Galicia sostidos con fondos públicos. A data límite para presentar as gravacións é o 17 de maio. 

martes, 14 de mayo de 2019

XURXO MARIÑO NO DÍA DA CIENCIA. CPI VIRXE DA CELA


Para clausurar o Día da Ciencia no CPI Virxe da Cela contamos cun invitado moi especial: Xurxo Mariño. Impartiu unha charla moi amena sobre a neurociencia, na que ademais de transmitir os seus coñecementos científicos, exhibiu o seu potencial como comunicador e divulgador. 

FESTIVAL DOS MAIOS E LETRAS GALEGAS 2019

     Coincidindo coa celebración do Día da Ciencia o martes 14 de maio de 2019 aproveitamos para facer homenaxe ao escritor Antón Fraguas (Letras Galegas 2019) e á chegada de primavera (Festival dos Maios). Todo o alumnado e profesorado do centro reuniuse ao mediodía no patio cuberto para participar deste espectáculo musical e colorido no que xuntamos música, poesía e tecnoloxía, unha mestura de tradición e vangarda!! Nesta ocasión contamos non só coa típica alfombra floral dos Maios, senón cunha moderna alfombra de ferraganchos e mecanismos que facía un guino á paralela celebración do Día da Ciencia. 
      Alumnado de primaria e secundaria interpretou varias pezas musicais e bailes, non só utilizando os ritmos característicos do noso rico folclore musical galego (muiñeira), senón tamén a estilo rap!! A gaita galega e as pandeiretas compartiron protagonismo co teclado electrónico e as bases rítmicos do hip-hop. Melodías coñecidas como “Amoriños collín”, a “Muiñeira de Chantada” e a “Muiñeira de Sada”, e entre peza e peza recitado de poesías e escritos de Antón Fraguas, autor que tamén serviu como telón de fondo para decorar coa súa exposición didáctica de pósters o escenario do festival. E grandes aplausos para os gañadores do “Concurso de portadas da Axenda Escolar”, que foron obsequiados tamén por diplomas e regalos.





















DÍA DA CIENCIA

      O 14 de maio de 2019 organizamos no CPI Plurilingüe Virxe da Cela o Día da Ciencia. Foi unha xornada moi completa que durou toda a mañá, realizándose obradoiros de maneira simultánea e clausurada coa interesante conferencia de Xurxo Mariño. Os nenos e nenas de Educación Infantil ensinaron a facer botes sensoriais a todo o colexio!! O alumnado de 5º de primaria, a través de diferentes ilusións ópticas fixéronnos ver que os nosos ollos non son cámaras de vídeo que gravan todo o que ocorre, senón que o noso cerebro interpreta a información que nos proporcionan os nosos sentidos.Tamén aprendemos con eles a clasificar animais seguindo a súa taxonomía. O grupo de 6º de primaria, utilizando o Makey Makey, unha placa similar ao mando dunha videoconsola que simula ser un teclado, realizaron un experimento de condución da electricidade utilizando auga, froita e metal. Ademais crearon unha columna de densidades multicor apilando capas de distintos líquidos nunha probeta: mel, xabón, auga, aceite e alcol. 
       Primeiro de ESO, coa axuda dalgúns compañeiros e compañeiras de 2º puxeron a proba funcións do noso cerebro: atención, memoria, así como os sentidos e como andamos de reflexos. Os maiores realizaron “experimentos de bata branca”. Por unha banda, os rapaces/zas de 2º de ESO, no laboratorio, elaboraron “Pasta de Dentes para Elefantes”: utilizando peróxido de hidróxeno (auga osixenada), este libera osíxeno e ao mesturalo con xabón xenera unha gran cantidade de escuma, asemellando unha pasta de dentes xigante. Ademais realizaron unha reacción de oxidación e redución, conseguindo un cambio de cores espectacular utilizando permanganato potásico. Se pasabas pola aula de 3º de ESO podías medir a capacidade pulmonar realizando unha espirometría. E na de 4º de ESO podías realizar probas de ADN. 
       Con estas iniciativas queremos achegar a ciencia dunha maneira máis divertida e creativa, e facer ao noso alumnado protagonista da súa difusión.








jueves, 9 de mayo de 2019

OBRADOIROS ARTÍSTICOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Durante todo o curso, os nenos e nenas de educación infantil realizaron obradoiros semanais/quinquenais enfocados ao fomento do sentimento artístico pero no que tamén se favoreceu o uso do galego, tanto nos murais realizados sobre o outono, o inverno como coa realización de composicións artísticas (onde se explican e o traballo realizado cos diversos autores).





LIBRO VIAXEIRO DE EDUCACIÓN INFANTIL

En educación infantil, a nivel de ciclo, se levou a cabo un libro viaxeiro en galego con letras, no que cada alumno e alumna tiña unha letra asignada e coa súa familia debería escribir e debuxar algo en relación ao bosque (un animal, unha planta,...), desenvolvendo a súa imaxinación.



O BOSQUE ENCANTADO

Durante todo o curso estívose a levar en educación infantil un proxecto anual de ciclo titulado O bosque encantado ao redor do cal xiraron todos os contidos traballados como pode ser: o vocabulario sobre o outono, o Samaín, animais do bosque, o inverno, o entroido, pintores famosos, Historia,...








ASAMBLEAS E RUTINAS DOS NENOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL

O fomento do galego dende Educación Infantil fíxose de forma global, como nas asembleas, durante as que as mestras se expresan principalmente en galego, e onde todo o relativo ao calendario, os encargados e a expresión oral se realizou no noso idioma. Así mesmo, a celebración dos aniversarios do alumnado tamén se levou a cabo nesta lingua, tanto a nivel oral como nos presentes e recordos das celebracións.