martes, 14 de mayo de 2019

FESTIVAL DOS MAIOS E LETRAS GALEGAS 2019

     Coincidindo coa celebración do Día da Ciencia o martes 14 de maio de 2019 aproveitamos para facer homenaxe ao escritor Antón Fraguas (Letras Galegas 2019) e á chegada de primavera (Festival dos Maios). Todo o alumnado e profesorado do centro reuniuse ao mediodía no patio cuberto para participar deste espectáculo musical e colorido no que xuntamos música, poesía e tecnoloxía, unha mestura de tradición e vangarda!! Nesta ocasión contamos non só coa típica alfombra floral dos Maios, senón cunha moderna alfombra de ferraganchos e mecanismos que facía un guino á paralela celebración do Día da Ciencia. 
      Alumnado de primaria e secundaria interpretou varias pezas musicais e bailes, non só utilizando os ritmos característicos do noso rico folclore musical galego (muiñeira), senón tamén a estilo rap!! A gaita galega e as pandeiretas compartiron protagonismo co teclado electrónico e as bases rítmicos do hip-hop. Melodías coñecidas como “Amoriños collín”, a “Muiñeira de Chantada” e a “Muiñeira de Sada”, e entre peza e peza recitado de poesías e escritos de Antón Fraguas, autor que tamén serviu como telón de fondo para decorar coa súa exposición didáctica de pósters o escenario do festival. E grandes aplausos para os gañadores do “Concurso de portadas da Axenda Escolar”, que foron obsequiados tamén por diplomas e regalos.





















No hay comentarios:

Publicar un comentario