Un ano máis o CPI Virxe da Cela prepárase para celebrar a festa do Samaín. Os máis pequenos (alumnado de infantil e de primaria) decantáronse por un obradoiro de maquillaxe, e pasearon polos corredores do noso centro lucindo espantosas caras, ilustrando a noite dos mortos viventes. Por outra banda, e como xa é toda unha tradición no noso centro, inxeniosas cabazas expuxéronse na entrada do edificio.
Poidemos observar tamén unha iniciativa da clase de 2º da ESO, que decorou todo o espazo da aula con recortables facendo alusión a todos os elementos característicos desta celebración (cabazas, bruxas, monstros, cemiterios, etc).
jueves, 30 de octubre de 2014
martes, 28 de octubre de 2014
CHRISTIAN MAGIC: MAXIA EN GALEGO
A maxia foi sempre un espectáculo moi ben acollido entre o público máis novo. Nesta ocasión foi o simpático mago Christian Magic, que visitou o noso centro o pasado luns 25 de outubro, en horario de tarde (de 14:45 a 16:25).
viernes, 24 de octubre de 2014
jueves, 23 de octubre de 2014
"Ghalegho", fenómeno viral.
Un grupo de mozas e mozos reivindican o uso da
"gheada" e do "seseo" nun vídeo nas redes sociais.
domingo, 19 de octubre de 2014
BENVID@S AO COLE!!!
As mestras de EDUCACIÓN INFANTIL queremos darvos a BENVIDA a este novo curso escolar 2014-2015 a tod@s os nen@s e ás súas familias, é por iso que vos deixamos estas fotos que decoran os corredores de infantil.
ÁNIMO, PACIENCIA, TRANQUILIDADE, ESFORZO, ILUSIÓN e GANAS DE TRABALLAR acompañaránnos todo o curso!!.
sábado, 11 de octubre de 2014
FRASEOLOXÍA NA REDE
A lingua galega
conta cunha enorme riqueza fraseolóxica. Para revitalizar e difundir a nosa
fraseoloxía, o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago
de Compostela realizou un traballo de fraseoloxía no que se visualiza o
significado de frases feitas a través de imaxes suxestivas. Aqui tedes unha mostra:
E si queredes utilizar a fraseoloxía en Rede, tedes unha aplicación para móbiles con case
10.000 refráns. O
Refraneiro galego é unha aplicación para iPhone, iPod e iPad que permite
consultar os 9.500 refráns que o compoñen, incluso en modo offline (sen estar
conectado a internet). A aplicación, que se pode mercar en Apple Store por un
prezo de 0,79 euros, tamén permite compartir os refráns nas redes sociais ou a
través do correo electrónico.
viernes, 10 de octubre de 2014
XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE
Xosé Fernando Filgueira Valverde naceu en Pontevedra en 1906. Realizou estudos de Dereito, Filosofía e Letras (alcanzando o título de doutor) e Psicoloxía nas Universidades de Santiago de Compostela e Zaragoza. En 1923 formou parte do grupo de fundadores do Seminario de Estudos Galegos, onde dirixiu a sección de Historia da Literatura. Desde ese momento e até a súa morte, acontecida en Pontevedra en 1996, o erudito pontevedrés mantería unha gran actividade na promoción de iniciativas culturais.
Filgueira Valverde iniciou o seu amplo labor docente en 1927 no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra. En 1935 gañou unha cátedra no Instituto Balmes de Barcelona e posteriormente exerceu en Lugo e na cidade do Lérez, da que foi alcalde. Pola súa dedicación ao ensino recibiría o alcume do "vello profesor".
Membro numerario da Real Academia Galega desde 1942 e correspondente das Reais Academias de Historia, de Lingua e de Belas Artes de San Fernando, en 1972 foi nomeado vocal do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Dirixiu ademais o Museo "Rosalía de Castro", o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e o Museo de Pontevedra. No bienio 1982-83 exerceu o cargo de Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia.
Na década de trinta foi colaborador habitual de El Pueblo Gallego e Logos, publicación esta última en que mantería unha sección de comentarios bibliográficos asinados co pseudónimo J. A. Para alén destes artigos, a súa obra literaria atinxe a narrativa, a poesía, o ensaio e o teatro.
Así, na súa producción figuran o libro de relatos Os nenos (1925) e a semblanza O vigairo (1927); o texto teatral Agromar. Farsa pra rapaces (1936) —estreado en 1932—, de novo asinada por J. Acuña; as antoloxías Cancioneiriño de Compostela (1932) e Cancioneiriño novo de Compostela (1969), en que recolle composicións do medioevo e etapas posteriores que fan referencia á capital galega, ou o volume de prosas literarias Quintana viva (1971).
Porén, a maior aportación de Filgueira Valverde constitúena os seus traballos no campo da investigación. Moitas destas prosas, espalladas pola imprensa diaria, foron recollidas polo autor nos nove volumes editados baixo o título xenérico de Adral entre os anos 1979 e 1996. As súas aportacións ao coñecemento da lírica medieval verían a luz en 1992 no libro Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1927-1987).
Etiquetas:
Letras Galegas 2015,
Xosé Fernando Filgueira Valverde
CONCURSO EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2015
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) fixo pública o pasado venres, 3 de outubro, a convocatoria do Concurso-exposición do Día das Letras Galegas 2015. O prazo de presentación dos traballos remata o día 12 de xaneiro de 2015. Animamos a todo o profesorado e alumnado do CPI Virxe da Cela a poñer en funcionamento todas as súas capacidades creativas para este certame homenaxe a Xosé Fernando Filgueira Valverde.
Etiquetas:
concurso,
Letras Galegas 2015,
Xosé Fernando Filgueira Valverde
miércoles, 1 de octubre de 2014
PROXECTO DRAGAL
O proxecto Dragal é unha iniciativa multimedia de promoción da lectura, da creación e da investigación multidisciplinar en galego con base no libro Dragal I. A herdanza do dragón de Elena Gallego. O alumnado de 1º e 2º da ESO do CPI Virxe da Cela participará neste proxecto, que conta cunha unidade didáctica e un espazo wiki para traballar sobre o libro. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega coordinará este proxecto no que formarán parte os departamentos de Lingua Galega, Relixión, Plástica, Ciencias Sociais, Ciencias Naturais e Música.
Proxecto dragal from satelite1
Suscribirse a:
Entradas (Atom)