lunes, 30 de abril de 2018

I CERTAME DE CANCIÓN SOBRE A NATUREZA, OPERACIÓN NATUREZA (ON)

  A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do territorio, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, convoca o I Certamen de Canción sobre a Natureza, Operación Natureza (ON) cos seguintes obxectivos: promocionar, difundir e divulgar os valores do patrimonio natural de Galicia e incrementar a sensibilidade ambiental para fomentar actitudes que respeten o medio natural de Galicia. 
     Os concursantes poden ser alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ou de Centros de Educación especial , que poderán presentarse en grupos cun mínimo de dez persoas e un máximo de trinta compoñentes entre os que se inclúen voces, músicos e acompañantes. 
   Serán obxecto de valoración os seguintes aspectos: letra, interpretación vocal e instrumental, orixinalidade, creatividade, posta en escena, interese musical e artístico das composicións, calidade técnica e acompañamento dun videoclip. Xulgaranse ademais outros aspectos como a afinación, escenografía (se a houbese), grao de conxunción, presentación, vestiario en consonancia co tema da canción, valorando a composición do grupo (idades, número de integrantes, diversidade, etc). 
    O prazo de presentación das cancións comezará o 2 de maio de 2018 e rematará o 30 de maio de 2018. Para mais información: concurso.patrimonionatural@xunta.gal As bases do concurso expóñense a continuación e tamén se poden atopar no seguinte enlace:

 http://galicianaturaleunica.xunta.gal Concurso de Canción Infantil ON, Operación Natureza



SEMANA DA CIENCIA: ESPECIAL RADIOFÓNICO CIENCIA SOLIDARIA

Ciencia e solidariedade nun mesmo programa? Correcto, en Ciencia Solidaria celebramos os dez anos de Monferosolidario cunha das responsables, Yolanda Castro. Ademais, pasaron polo cole Margarita Vidal e Antonio Quintela, ACNUR para contarnos o seu labor humanitaria. E ciencia por que? Porque aproveitamos a semana da ciencia coa visita da profesora da UDC, Ana González e Lucía Mato, doutoranda. E, por suposto, os experimentos que fixemos da man e voz das nosas reporteiras invitadas Ariadna, Nerea e Andrea. Un programa feito polo alumnado de 4º de Primaria. Todo isto e máis en:

http://www.radioitinerantecreativa.blogspot.com

 

viernes, 27 de abril de 2018

O LIBRO VIAXEIRO DE LINDA

Estimadas familias. Este trimestre levaremos a casa este libro viaxeiro coa mascota da nosa clase, que se chama Linda. Levarémolo un luns e traerémolo de volta xunto coa mascota o luns seguinte. Na páxina que nos corresponde a cada un contaremos que actividades fixemos coa nosa queridísima mascota, por exemplo xogar, viaxar, pasear, comer, durmir… Podemos pegar fotografías de nós con Linda realizando estas actividades ou ben faremos debuxos. É importante que os nenos escriban  o seu nome e algunha palabra coa vosa axuda para que se sintan protagonistas do libre (vós podédeslles dicir os sons das letras e eles que as escriban). Moitas grazas pola vosa colaboración.




viernes, 20 de abril de 2018

Mar de mulleres, mar de esperanza


Polo Día internacional da Muller traballadora no noso centro elaboramos un mural titulado: Mar de mulleres, mar de esperanza no que presentamos diferentes mulleres galegas.



A aula de 1º EP participamos presentando a figura de SÉS, unha cantareira galega (como ela mesma se denomina) e ás deportistas Ana Peleteiro (Triple salto) e Inés Santiago (Triatlón).





Ademais participamos do Photocall titulado: Eu tamén son feminista, organizado polo Departamento de orientación en colaboración co Observatorio da Mariña pola Igualdade.


O alumnado de 1º ESO realizou un vídeo titulado "ELAS" a pegada das mulleres na historia, no que amosa a vida de diferentes mulleres relevantes na historia.


miércoles, 18 de abril de 2018

martes, 17 de abril de 2018

OLLOBOI 2018



Xa temos programa para o Olloboi 2018. O Encontro transcorrerá ó longo do venres 11 de maio.

 • Pola mañá desenvolverase a Muchachada Matiné: roteiro socioaudiovisual por Boiro onde grupos de rapaces/as crearedes micropezas xunto a cineastas, co soporte da A.C. Unión de Muchachas. A inscrición na actividade está aberta a alumnado de toda Galicia, é de balde, e suporá traballar en pequenos grupos coa presencia dun profe acompañante. Os cineastas cómplices deste ano son: Sandra Sánchez, directora de Tralas Luces; Alfonso Zarauza, director de Encallados; María Yáñez e Sonia Méndez, do Carballo Interplay; Miguel de Lira, actor e guionista de Crebinsky; Andrés Goteira e Suso López, de Dhogs. Se hai moitas inscricións, incorporaranse cómplices ;) 

• Pola tarde realizarase un CineForum no que as directoras do festival Carballo Interplay nos achegarán o mundo das series web e youtubers; a continuación, Sabela Hermida e Fede Pérez presentarán a gala de entrega de premios. Como o ano pasado, remataremos o festival cunha pequena festa-foliada e logo un concerto na Pousada das Ánimas (Sabela King and the Heartbreakers). 


XORNADAS DE FRASEOLOXÍA MULTILINGÜE NA AULA



Anunciamos as Xornadas de Fraseoloxía Multilingüe na Aula, actividade que se realizará os días 4, 5 e 12 de maio de 2018, na Facultade de Filoloxía e no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) en Santiago de Compostela. Son gratuítas e contan coa homologación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O prazo para presentar as solicitudes finaliza o 2 de maio. Atoparedes máis información en:http://xornadasfraseoloxia.populr.me/

IV XORNADA DAS LETRAS GALEGAS



A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) organizan para o próximo 5 de maio a IV Xornada das Letras Galegas dedicada, este ano, a María Victoria Moreno Márquez. Terá lugar no salón de actos da SXPL (r/ San Roque, 2, Santiago de Compostela). Na sesión da mañá intervirán: Xesús Alonso Montero, Xesús Rábade, Ánxela Gracián, Marilar Aleixandre, Xavier Senín e Ana Roig. Na da tarde, presentaranse experiencias e materiais didácticos sobre a escritora que se están desenvolvendo nos centros educativos. Nos vindeiros días, o profesorado interesado en asistir deberá inscribirse na xornada a través de fprofe.

martes, 3 de abril de 2018

BENVIDOS A “CANALICO DE COCIÑA: SABORES DE CORES”!!!



PROXECTO INTERDISCIPLINAR PRIMARIA-SECUNDARIA
“CANALICO DE COCIÑA”.CURSO 2017-18

Dentro do noso proxecto “ COCIÑANDO O NOSO APRENDIZAXE” da materia de Promoción de Hábitos saudables, de secundaria", dando a forma de programa de televisión,  estamos a realizar o proxecto “ SABORES DE CORES”, continuando co traballo do proxecto levado a termo en primaria “CANALICO DE COCIÑA”, consistente na elaboración de diferentes sobremesas, zumes e batidos creativos elaborados polo alumnado (coa  guía- dirección da profesora da materia Mª Teresa Blanco), con froita fresca beneficiosa para a nosa saúde, o seu aporte unha dieta cardiosaudable e as súas vantaxes para o coidado do noso corazón , mimando a presentación e compartindo  co grupo o tempo de degustación dos produtos resultantes.

Como actividades iniciais e motivadoras e de primeira práctica, na primeira fase do proxecto, fixemos durante o 1º trimestre, a elaboración de receitas elaboradas por cada alumna/o de forma individual na casa, en compañía dun membro da súa familia . Cada alumno elaborou un receitario propio que rexistrou a través de formato power -point ou vídeo, onde detallou: nome da receita, ingredientes, cantidades, grado de dificultade, nº de comensais, e execución da mesma paso a paso , xunto co membro da familia escollido, con quen cociñou. Os alumnos fixeron cada un unha receita por semana, coa temática proposta (carne, verdura, peixe, sobremesa...etc). O obxectivo final é a elaboración dun receitario propio de cada alumna/o e un común do grupo e a súa difusión nun blog de creación propia e nos do colexio e páxina web.
A segunda parte do proxecto: “CANALICO DE COCIÑA: SABORES DE CORES”, a iniciamos no 2º Trimestre do ano.
Para iniciar esta actividade elaboramos un escenario propio dun estudo de televisión onde se incluíu o nome do programa, o decorado e a infraestrutura precisa para o desenvolvemento do programa, así como os medios necesarios para a realización, que se levaron a cabo na clase ou no aula Chroma que posúe o centro. De igual forma, os alumnos/as deseñaron un logotipo para os seus uniformes (mandil) de cociñeiros ), co nome do Proxecto (“ Canalico de cociña: Saúde de cores”) .

Previo a elaboración do programa, dentro da fase de preparación da 2º parte do proxecto, o alumnado realizou un traballo de investigación, selección e elaboración dos contidos do programa, empregando as TICs(ordeadores, tablets, encerado, pax webs), utilizando como fonte documental a web:https://zumos.com/recetas (by Zumosol) ,onde escollen as froitas a empregar, elaborando as súas propias sobremesas, zumes e batidos, escollendo froitas cardio-saudables, así como a información nutricional da composición das receitas e información complementaria sobre o coidado do corazón e a saúde para a elaboración e presentación dos contidos do programa. De igual forma, os mesmos alumnos levaron a cabo a gravación dos programas, e a preparación do  estudo de gravación.



OBXECTIVOS EDUCATIVOS:
-  Tomar conciencia da importancia do consumo de froita e verdura para o desenvolvemento saudable das persoas.
- Desenvolver o hábito cultural da comida compartida e os sinais de respecto no momento da comida.
- Desenvolver e relacionar os contidos traballados na materia de Promoción de Hábitos saudables durante todo o ano escolar
- Mellorar as estratexias de Investigación e observación de carácter científico.
- Mellorar a manipulación responsable dos alimentos cos instrumentos axeitados.
-  Desenvolver a autonomía persoal na toma de decisións necesarias para levar a cabo os proxectos.
-  Poñer en práctica os instrumentos precisos para a planificación dos traballos.
-  Desenvolver a capacidade creativa de cara á presentación dos traballos realizados.
-  Practicar e desenvolver os hábitos de recollida e limpeza dos espazos compartidos.
-  Aprendizaxe progresiva da xestión do tempo na realización de tarefas.
-  Coñecer aos compañeiros do grupo e gustos persoais.
-   Desenvolver o espírito crítico.
-   Respectar as opinións e traballos dos demais.
-   Aprender o manexo e coidado dos medios tecnolóxicos.
-   Aprender a crear escenas e decorados relacionados co mundo audiovisual.
-   Coñecer o vocabulario específico relacionado coa actividade.
-   Mellorar o uso da voz como medio para a comunicación en público.
-   Coñecer o funcionamento do noso corazón e contribuír o seu coidado
-   Coñecer as froitas producidas na contorna.
-   Coñecer outros proxectos de alimentación saudábel.
-   Aprender a elaborar
Temos que agradecer a inestimable axuda da profesora  Yolanda do EDLG e Departamento de Relixión na montaxe do programa  co Chroma e o seu asesoramento na filmación.

Así que, a espera de proxectar  todos os capítulos do programa ao completo, aquí mostramos para o voso disfrute a 1ª entrega do noso  Programa de cociña dos alumnos/as de 1º de ESO para amosar o gran traballo que están a facer: “CANALICO DE COCIÑA: SABORES DE CORES” E UNHA DELICIOSA RECEITA DE BISCOITO DE CHOCOLATE FEITA POLOS NOSOS COMPAÑEIROS : HUGO E RUBÉN, E PRESENTADO POR DANIEL DE 1º DE ESO.


PROGRAMA 1





                  BO PROVEITO E SAÚDE CHEA DE SABORES DE CORES !!!