Estimadas familias. Este trimestre levaremos a casa este libro viaxeiro coa
mascota da nosa clase, que se chama Linda. Levarémolo un luns e traerémolo de
volta xunto coa mascota o luns seguinte. Na páxina que nos corresponde a cada
un contaremos que actividades fixemos coa nosa queridísima mascota, por exemplo
xogar, viaxar, pasear, comer, durmir… Podemos pegar fotografías de nós con
Linda realizando estas actividades ou ben faremos debuxos. É importante que os
nenos escriban o seu nome e algunha
palabra coa vosa axuda para que se sintan protagonistas do libre (vós podédeslles
dicir os sons das letras e eles que as escriban). Moitas grazas pola vosa
colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario