A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do territorio, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, convoca o I Certamen de Canción sobre a Natureza, Operación Natureza (ON) cos seguintes obxectivos: promocionar, difundir e divulgar os valores do patrimonio natural de Galicia e incrementar a sensibilidade ambiental para fomentar actitudes que respeten o medio natural de Galicia.
Os concursantes poden ser alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ou de Centros de Educación especial , que poderán presentarse en grupos cun mínimo de dez persoas e un máximo de trinta compoñentes entre os que se inclúen voces, músicos e acompañantes.
Serán obxecto de valoración os seguintes aspectos: letra, interpretación vocal e instrumental, orixinalidade, creatividade, posta en escena, interese musical e artístico das composicións, calidade técnica e acompañamento dun videoclip.
Xulgaranse ademais outros aspectos como a afinación, escenografía (se a houbese), grao de conxunción, presentación, vestiario en consonancia co tema da canción, valorando a composición do grupo (idades, número de integrantes, diversidade, etc).
O prazo de presentación das cancións comezará o 2 de maio de 2018 e rematará o 30 de maio de 2018.
Para mais información: concurso.patrimonionatural@xunta.gal
As bases do concurso expóñense a continuación e tamén se poden atopar no seguinte enlace:
http://galicianaturaleunica.xunta.gal
Concurso de Canción Infantil ON, Operación Natureza
No hay comentarios:
Publicar un comentario