Noiteboa teatro from satelite1
domingo, 20 de diciembre de 2015
jueves, 17 de diciembre de 2015
OS XOGUETES MÁIS ADECUADOS
As festas do Nadal están á volta da esquina, e, con elas, o apalpador, Papá Noel, e os Reis Magos entran nos fogares cheos de agasallos para os máis pequenos...
Por iso, dendo o CPI VIrxe da Cela, gustaríanos ofrecer unhas pautas ás familias para que poidades axudar aos pequenos a facer unha boa petición nas cartas a cada un deles.
Agardamos que sexan de utilidade!
Por iso, dendo o CPI VIrxe da Cela, gustaríanos ofrecer unhas pautas ás familias para que poidades axudar aos pequenos a facer unha boa petición nas cartas a cada un deles.
Agardamos que sexan de utilidade!
APOIANDO ÁS FAMILIAS DO COLE
O último día de cole é, para moitos, motivo de moita alegría. Sen embargo, para outros, supón unha preocupación e tristeza, ao ver que os resultados non son todo o bos que desexaron. Nos fogares, isto produce tensións e disgustos que non sempre xestionamos do mellor xeito.
Por iso, nesta ocasión, queremos compartir con vós un boletín no que ofrecemos unha serie de pautas para o mellor tratamento das notas cando non son positivas.
Dende o centro, queremos felicitar o todo o alumnado que obtivo unhas cualificacións tal e como agardaban...e, ao resto, animámosvos a que sigades traballando. Lembrade que é este só o comezo do curso, e non hai ningunha decisión tomada aínda. O equipo educativo ao completo ofrecerá, coma sempre, todo o apoio que precisedes para rematar o curso do mellor xeito. Animo!
Felices Festas para todos e todas!
sábado, 12 de diciembre de 2015
CONTACONTOS NO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
O 10 de decembro celebrouse o Día dos Dereitos Humanos, e para conmemorar
esta data tan importante os alumnos e alumnas da ESO realizaron unha actividade
de contacontos para os nenos e nenas de infantil e primaria.
A través do conto “Antón, o neno que
non quería ir á escola”, descubrimos
á importancia do Dereito á Educación, o que supón non saber ler nin escribir e a sorte
que temos de poder ter uns mestres e mestras que nos ensinan tantas cousas.
Tamén nos axuda a comprender que debemos
aproveitar a oportunidade que temos de ir á escola e esforzármonos por
aprender para ter un futuro mellor, non como Antón, o protagonista do noso
conto, que non tiña ningún interese en aprender ata que descubríu o importante
que era saber ler.
Hoxe en día a pesar de que o dereito á educación está ampliamente recoñecido en numerosas Convencións e
Tratados Internacionales, hay 57 millóns de nenos e nenas en todo o mundo que non van á escola
e outros tantos reciben unha educación
discontinua ou deficiente.
Nós temos garantido este dereito, en outros países non o teñen.
Aproveitemos a oportunidade que temos de poder aprender e denunciemos ao mesmo tempo o incumplimento do Dereito á
Educación que se está a dar en tantas partes do mundo.
E para rematar a actividade os rapaces e rapazas da ESO agasallaron a cada
unha das aulas cunha pequena semente que
simboliza á Educación, e explicaron aos nenos/as que esta semente, despois de
cuidala e abonala, dará o seu froito, como o fará a educación que recibamos cada un de nós.
Dar as grazas as alumnas de 4º ESO do CPI Conde de Fenosa (Ana Martínez,
Mayolla Martínez, Paola Toribio, Alba Teijeiro e Lara Rey) que foron as que
crearon e ilustraron o conto de Antón e o compartiron con nós.
O CPI Virxe da Cela e o CPI Conde de Fenosa
colaboran no intercambio de materiais, recursos e actividades, así como na
realización de actividades dinamizadoras.
Etiquetas:
Antón,
contacontos,
dereitos dos nenos,
o neno que non quería ir á escola
miércoles, 9 de diciembre de 2015
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "GALICIA: AUGA E LITERATURA"
Dicen que no hablan las plantas, ni las fuentes, ni los pájaros...
Rosalía de Castro
Tras el éxito del año pasado, os anticipamos la próxima convocatoria de la II edición del concurso de fotografía“GALICIA, AUGA E LITERATURA”, patrocinado por Viaqua.
De nuevo, el objetivo de este certamen es acercar la literatura gallega a los escolares de Educación Primaria y Secundaria a través del agua. Para ello, deberán elegir un poema o verso determinado e ilustrarlo con una fotografía.
El trabajo es de los jóvenes pero tu colaboración es muy importante, de ahí que haya premios tanto para los alumnos como para los profesores. Ayuda a tus alumnos a descubrir los placeres de la literatura así como los lugares y elementos de la naturaleza que les sirvan de inspiración y apoyo a la hora de realizar la actividad.
¿Qué te parece? ¿Os animáis a empezar a trabajar ya en ello? En breve, publicaremos las bases del concurso y el plazo de participación.
Desde o meu río da alegría contemplo o recorrer de cada hora...
Darío Xohán Cabana.
Etiquetas:
Concurso de fotografía,
Galicia: auga e literatura
miércoles, 2 de diciembre de 2015
A PALABRA XUSTA: UNHA DEFENSA APAIXOADA DO OFICIO DE MESTRE
Hoxe queremos compartir con vós o trailer do documental A Palabra Xusta. Unha película na que
Antía Cal fai unha defensa apaixoada do oficio de mestre. Nas palabras desta
muller de 92 anos está a sabedoría dos que se enfrontan todos os días á
educación e á formación dos nenos e mozos.
Picade na imaxe para velo.
Vale a pena ver a súa testemuña!!!
Picade na imaxe para velo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)