"Buscando Evidencias" é o videoproduto elaborado polo CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero, A Coruña) para difundir a súa participación na III Fase do Programa Observa-Acción durante o curso 2023-2024.
viernes, 17 de mayo de 2024
BUSCANDO EVIDENCIAS
jueves, 18 de abril de 2024
REUNIÓN OBSERVA-ACCIÓN: PREPARACIÓN DA MEMORIA FINAL
Mércores 18 de abril 2024. Xa efectuada a visita ao CEIP Pintor Rosales de Madrid no mes de marzo 2024, e exercido como anfitrións recibindo ás docentes deste centro madrileño a pasada semana, temos agora como cometido tratar de marcar os puntos de actuacións para realizar unha memoria final que serva para avaliar estes meses de traballo dentro desta III Fase do programa Obsera-Acción. Na reunión fixemos un repaso minucioso da rúbrica de avaliación e un percorrido colectivo pola Aula Virtual do Centro de Formación, para revisar as actividades que temos que completar, parte da avaliación deste proceso. Moi importante foi a revisión do material que se está a editar para a elaboración do produto audiovisual que servirá como memoria da nosa participación nesta fase do programa.
miércoles, 10 de abril de 2024
CPI VIRXE DA CELA ANFITRIÓN: III FASE "CONECTA"
Mércores 10 e xoves 11 de abril 2024. Chegou o día, e estamos moi satisfectos porque as cinco docentes do CEIP Pintor Rosales de Madrid, o noso centro emparellado nesta III Fase do Programa Observa-Acción, visitaron por fin o CPI Virxe da Cela. Todo saiu á perfección, e incluso tivemos a sorte de que o sol e o bo tempo acompañase e axudase a dar máis luz e cor ás instalacións e patios do noso colexio. O programa era moi apretado, porque quixemos amosar as prácticas docentes dos 10 profesores/as do CPI Virxe da Cela que participan no programa, así como ensinar todos os proxectos e liñas de acción que se levan a cabo no noso centro. Contamos tamén coa presencia das asesoras dos CFRs de Ferrol e de Madrid. A pesares de todo o traballo que conleva exercer como centro anfitrión, rematamos a xornada con grande satisfacción, sabendo que as nosas compañeiras de Madrid gozaron observando o noso centro e as prácticas docentes.
lunes, 8 de abril de 2024
ÚLTIMOS PREPARATIVOS PARA A VISITA DUN GRUPO DE DOCENTES DE MADRID
O luns 8 abril de 2024 o profesorado participante na III Fase do Programa Observa-Acción reúnese na biblioteca escolar para ultimar os preparativos da visita de 5 profesoras do noso centro emparellado, o CEIP Pintor Rosales de Madrid, prevista para os días 10 e 11 de abril. Xa falta menos, e co programa da visita, o profesorado do CPI Virxe da Cela foi repasando punto por punto as actividades que están proxectadas, para facer un reparto de tarefas e tratar de ter todo ben organizado, tanto o calendario de observacións, como outras actividades paralelas a desenvolver: xantar conxunto, elaboración de regalos, planificación de acompañamentos, etc. Queremos realizar satisfactoriamente o noso papel de anfitrións.
jueves, 4 de abril de 2024
REUNIÓN PLANIFICACIÓN VISITA CEIP PINTOR ROSALES
Xoves 4 abril 2024. 13:50. Aula Ferraganchos. A menos dunha semana de recibir a visita do grupo de docentes do CEIP Pintor Rosales de Madrid, o profesorado do CPI Virxe da Cela que forma parte do programa Observa-Acción ultima os preparativos para o acollemento: horarios, observacións, xestión de espazos, reparto de tarefas, xantar, etc. Sabemos que en equipo todo é máis doado, e queremos deixar todos os cabos ben atados para que os próximos mércores 10 e xoves 11 de abril o noso centro abra as portas as estas xornadas de observacións que revertirán, indudablemente, nunha mellora das nosas prácticas educativas.
lunes, 18 de marzo de 2024
VISITA AO CEIP PINTOR ROSALES (MADRID): PROGRAMA OBSERVA-ACCIÓN MENTOR-ACTÚA
Planificación Mentor Galicia 14 y 15 Marzo by veracruces on Scribd
martes, 12 de marzo de 2024
REUNIÓN OBSERVA-ACCIÓN
O profesorado do CPI Virxe da Cela participante no Programa Observa Acción que realizará próximamente (13, 14 e 15 de marzo de 2024) a visita ao CEIP Pintor Rosales (Madrid). As 5 docentes ultiman preparativos e establecen un reparto de tarefas para organizar esta viaxe a Madrid.
martes, 27 de febrero de 2024
REUNIÓN NO CFR DE FERROL PARA PREPARAR A MOBILIDADE DO PROGRAMA OBSERVA-ACCIÓN/MENTORACTÚA
Luns 26 de febreiro 2024. As profesoras do CPI Virxe da Cela que van realizar a mobilidade a Madrid para facer a observación no CEIP Pintor Rosales, acuden á reunión realizada polo CFR de Ferrol para organizar a viaxe. Nesta sesión informativa os asesores do CFR explicaron con detalle como vai ser a viaxe para realizar as visitas de observación nos centros cos que estamos emparellados, e aclararon todas as dúbidas que os asistentes plantexaron.
REUNIÓN DO PROFESORADO PARTICIPANTE NA III FASE DO PROGRAMA OBSERVA-ACCIÓN
Luns 26 de febreiro de 2024. Aula Ferraganchos. Profesorado das tres etapas educativas (EI, EP e ESO) do CPI Virxe da Cela inscrito no programa Observa-Acción, reúnese para definir o traballo durante as vindeiras semanas. Revisar os materiais da observación, participar no panel de reflexión, preparar a mobilidade a Madrid que terá lugar os días 13, 14 e 15 de marzo e organizar como centro anfitrión a acollida do CEIP Pintor Rosales, que visitará o noso centro os días 9, 10 e 11 de abril de 2024.
viernes, 26 de enero de 2024
SEGUNDA VIDEOCONFERENCIA CO CEIP PINTOR ROSALES (MADRID)
Proxecto Mentoractúa-Observa_Acción. Venres 26 de xaneiro 2024. A pesares das dificultades técnicas das nosas compañeiras do CEIP Pintor Rosales (Madrid), fumos quen de establecer comunicación por videoconferencia a través da ferramenta BigBlueButton que ofrece a Aula Virtual do Servizo de Programas de Formación. Esta é a segunda das videoconferencias que realizamos co centro educativo madrileño, para ir deseñando líñas de acción conxunta.
viernes, 19 de enero de 2024
VIDEOCONFERENCIA CO CEIP PINTOR ROSALES (MADRID): PROGRAMA MENTORACTÚA-OBSERVA_ACCIÓN
Xa inmersos nesta nova etapa, a Fase III interautomómica do Programa Observa-Acción, denominada "Conecta", na que o noso centro está emparellado co CEIP Pintor Rosales da Comunidade de Madrid (Programa Mentoractúa), e despois de varias comununicacións escritas, por fin verémomos as caras, aínda que sexa a través dunha pantalla. O venres 19 de xaneiro de 2024, ás 11:30 horas, realizamos a primeira reunión en videoconferencia, a través da ferramenta ferramenta BigBlueButton integrada na «Aula Virtual: Servizo de Programas de Formación», plataforma dixital que serve de apoio para xestións organizativas nesta fase do proxecto. Foi unha primeira toma de contacto, na que xa abordamos aspectos tan fundamentais como as datas das mobilidades. Afondaremos moito máis o vindeiro venres 26 de xaneiro, data prevista para a segunda das videoconferencias.
miércoles, 29 de noviembre de 2023
INICIAMOS A IIIª FASE OBSERVA ACCIÓN
Reunión online. Mércores 29 novembro 2023. Formato online (ferramenta BigBlueButton da aula virtual Moodle do Servizo de Programas de Formación da Xunta de Galicia).
Nesta terceira fase o programa Observa-Acción da comunidade autónoma de Galicia fai o seu hermanamento co programa Mentor-Actúa da comunicade autónoma de Madrid. En concreto, ao noso centro, o CPI Virxe da Cela, asignóuselle o CEIP Pintor Rosales. centro madrileño onde se imparten os niveis de educación infantil e educación primaria e que comparte connosco o seu máximo sinal de identidade: a educación en valores e o respecto. Seguro que vai ser unha experiencia moi enriquecedora para ambos centros e que revertirá positivamente, sen dúbida, nas nosas prácticas educativas e na nosas nosas comunidades educativas.
Nesta primeira reunión de toma de contacto abordáronse unha serie de puntos introdutorios para dar a coñecer aos centros participantes tanto a estructura cronolóxica do programa como a plataforma virtual moodle que servirá de guía para o mesmo. E aínda que de xeito moi breve, un/unha representante de cada un dos centros galegos e madrileños participantes tivo a oportunidade de expoñer de maneira breve as características máis salientables dos seus centros e que expectativas teñen do programa. Esperemos que se vexan cumplidas!













