Reunión online. Mércores 29 novembro 2023. Formato online (ferramenta BigBlueButton da aula virtual Moodle do Servizo de Programas de Formación da Xunta de Galicia).
Nesta terceira fase o programa Observa-Acción da comunidade autónoma de Galicia fai o seu hermanamento co programa Mentor-Actúa da comunicade autónoma de Madrid. En concreto, ao noso centro, o CPI Virxe da Cela, asignóuselle o CEIP Pintor Rosales. centro madrileño onde se imparten os niveis de educación infantil e educación primaria e que comparte connosco o seu máximo sinal de identidade: a educación en valores e o respecto. Seguro que vai ser unha experiencia moi enriquecedora para ambos centros e que revertirá positivamente, sen dúbida, nas nosas prácticas educativas e na nosas nosas comunidades educativas.
Nesta primeira reunión de toma de contacto abordáronse unha serie de puntos introdutorios para dar a coñecer aos centros participantes tanto a estructura cronolóxica do programa como a plataforma virtual moodle que servirá de guía para o mesmo. E aínda que de xeito moi breve, un/unha representante de cada un dos centros galegos e madrileños participantes tivo a oportunidade de expoñer de maneira breve as características máis salientables dos seus centros e que expectativas teñen do programa. Esperemos que se vexan cumplidas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario