Hoxe tivemos
no centro a actividade PAISAXES BIBLIOGRÁFICAS deseñada para favorecer
o gusto pola lectura e dar valor a súa relación co medio natural.
Desta forma, a través dunha selección de
títulos de literatura infantil e xuvenil especialmente pensados con esta fin
e relacionados co noso territorio descubrimos novas formas de ver o
mundo, a través das metáforas, dos recursos poéticos, da ilustración, da
identificación coas personaxes e os mundos que a habitan.
A actividade tivo lugar na
biblioteca e a persoa que a realiza á actividade,
Sonia
Hermida, Al
otro lado Asociación de familias lectoras empregou material de refugallo (folios xa usados, anacos de papel, botóns,
cartón, chapas, cordeis, lazos, envoltorios de paquetes...) e tamén, elementos naturais da nosa contorna recollidos
nun paseo que se realizou en familia polo alumnado de 3º e 4º curso, destinatarios da
actividade.
Luns 13 novembro 2023, na Biblioteca Castelao. Dúas quendas (3º EP de 09:45 a 11:30 e 4º EP de 12:00 a 13.50).
Sementeira, Proxecto Terra.
Imaxes propias da actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario