domingo, 22 de diciembre de 2013
martes, 17 de diciembre de 2013
UN PERCORRIDO POLA HISTORIA DO BAILE MODERNO
Ofertado polo Concello de Monfero, e dentro da programación cultural da Deputación da Coruña, o alumnado do CPI Virxe da Cela tivo a oportunidade de recibir un divertido e interesante obradoiro sobre a historia do baile moderno (martes 16 de decembro de 2013). Unha voz en off narraba en lingua galega todas as etapas que tiveron lugar no desenvolvemento do baile moderno durante as pasadas décadas, explicando con todo detalle as súas características formais e estilísticas. Dúas bailarinas danzaron ao ritmo dos diferentes estilos que se ían sucedendo, ilustrando con todo detalle a evolución deste estilo de baile que ten as súas orixes nos barrios máis humildes da Norteamérica dos anos setenta e oitenta. Debemos facer unha mención moi merecida a un grupiño de alumnos e alumnas que se atreveron a aprender algunhas das coreografías para interpretar diante de todos os seus compañeiros/as.
lunes, 16 de diciembre de 2013
RECURSOS PARA O NADAL
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, co motivo da celebración do Nadal, pon á vosa disposición as seguintes iniciativas: PREME NAS IMAXES PARA ACCEDER AOS RECURSOS
Recursos e materiais dos EDLG
Postais en galego
Recursos e materiais dos EDLG
Cartas ás Súas Maxestades de Oriente
O libro dos Reis Magos
martes, 10 de diciembre de 2013
OBRADOIRO DE POESÍA, PINTURA E MÚSICA
A Rede Cultural da Deputación da Coruña ofertou este obradoiro para educación primaria, impartido no CPI Virxe da Cela o pasado mércores 4 de decembro de 2013. Aunando estas tres facetas de creación artística, os rapaces e rapazas participaron nesta enriquecedora actividade, lucindo todas as súas dotes para as artes. Aquí vos queda unhas imaxes para lembrar este obradoiro, así como a letra da fermosa e divertida canción Dona Laura Vacaloura (composta por Juan Carlos Vázquez e María Lires).
O pasado
catro de decembro, os alumnos de primeiro e segundo ciclo de educación Primaria
participaron nun taller de poesía, música e pintura impartido por María Ures (
ilustradora e poetisa) e Juan Carlos Vázquez (compositor e mestre de Música).
Nun ambiente moi lúdico e
participativo iniciáronse en técnicas vocais (respiración, postura corporal) e
plásticas (mistura de cores, pintura en lenzo). Como resultado de todo isto
elaboraron dous cadros multicores e aprenderon a canción titulada “ Dona Laura
Vacaloura”.
A experiencia foi moi
positiva e tanto os mestres como os nenos manifestaron o seu desexo de repetilo
en canto fose posíbel.
Etiquetas:
obradoiro,
Rede Cultural Deputación Coruña
domingo, 1 de diciembre de 2013
O GALEGO DESDE O SILENCIO
Este videoclip pertence a un proxecto de innovación en dinamización lingüística do IES Xelmírez I de Santiago: "O Galego, desde o silencio", premiado no curso 2012-13 pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)