Ofertado polo Concello de Monfero, e dentro da programación cultural da Deputación da Coruña, o alumnado do CPI Virxe da Cela tivo a oportunidade de recibir un divertido e interesante obradoiro sobre a historia do baile moderno (martes 16 de decembro de 2013). Unha voz en off narraba en lingua galega todas as etapas que tiveron lugar no desenvolvemento do baile moderno durante as pasadas décadas, explicando con todo detalle as súas características formais e estilísticas. Dúas bailarinas danzaron ao ritmo dos diferentes estilos que se ían sucedendo, ilustrando con todo detalle a evolución deste estilo de baile que ten as súas orixes nos barrios máis humildes da Norteamérica dos anos setenta e oitenta. Debemos facer unha mención moi merecida a un grupiño de alumnos e alumnas que se atreveron a aprender algunhas das coreografías para interpretar diante de todos os seus compañeiros/as.
No hay comentarios:
Publicar un comentario