jueves, 24 de marzo de 2011

NOMES DA TERRA E DO MAR





O xoves 24 de Marzo de 2011 o alumnado de educación secundaria recibiu unha amena charla impartida por Xosé Lois Vilar titulada "Nomes da terra e do mar". Durante unha hora e media Xose Lois transmitiu aos mozos e mozas da E.S.O. a súa paixón pola toponimia, explicando un minucioso traballo de pesquisa efectuado na ría de Vigo, nas proximidades de Bayona. Con esta charla pretendíase achegar ferramentas para unha actividade que se está a realizar na materia Proxecto Interdisciplinar, impartido en 1º da E.S.O., que consiste na recollida da microtopinimia da zona de Monfero, buscando informantes no entorno máis próximo dos alumnos e alumnas. Contamos coa asistencia de Ana Outón, do Servizo de Normalización do Concello de Monfero, con quen o E.D.L.G do C.P.I. Virxe da Cela está a deseñar liñas de actuación conxuntas.

7 comentarios:

  1. Unha charla moi interesante

    ResponderEliminar
  2. Apredemos a valorar cousas que tiñamos medio esquecidas.

    ResponderEliminar
  3. A min gustoume moito e aprendín a valorar mais os nomes de lugares que a maioria da xente non coñece.
    E tamén aprendin nomes de microtopónimos novos que nos ensinou Xose Lois Vilar.
    Gustoume moito e gustariame que volvera outra vez.

    ResponderEliminar
  4. Pareceume moi interesante. Sabía moitos nomes.
    O millor é que perdimos clase.
    Él berraba moito e enxordaba. Aprendín moito e a ver se volve outro ano.

    ResponderEliminar
  5. Pareceume moi interesante a visita de XOSÉ LOIS VILAR.
    Sabia moitos nomes de pedras, lugares, praias...
    Gustoume moito e espero que fagan mais visitas destas.

    ResponderEliminar
  6. a visita de lois vilar foi moi interesante.
    xose é un home moi intelixente e ten moitos coñecementos

    ResponderEliminar
  7. xose lois pareceume un home moi agradable e moi intelixente

    ResponderEliminar