jueves, 30 de abril de 2009

RAMÓN PIÑEIRO: LETRAS GALEGAS 2009







5 de Maio de 2009



Acuse de recibo vía e-mail de información do material didáctico sobre Ramón Piñeiro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2009. http://www.seminariogalan.org/ : biografía do autor, fotos, material didáctico, en formato PDF, e actividades en Jclic e Edlim para cada un dos tres ciclos de primaria e educación infantil. O E.N.D.L. imprimirá este material e o entregará aos coordinadores de ciclo para a súa difusión entre o profesorado de Educación Infantil e Eduación Secundaria.



30 de Abril de 2009


Acuse de recibo de material para a campaña “Letras Galegas 2009”, adicada a Ramón Piñeiro, por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Montarase a exposición en colaboración coa Biblioteca Castelao. Material enviado:


  • Serie de carteis grandes (15 unidades)

  • Serie de carteis medianos (15 unidades)

  • Letras Galegas 2009. Ramón Piñeiro. Xunta de Galicia.

  • Ramón Piñeiro: galeguista, editor e ensaísta. Letras Galegas 2009. Xunta de Galicia.Un libro e un dvd.

  • Linguas cruzadas. Ana Iglesias Álvarez. Xunta de Galicia. Un dvd e un libro-guía didáctica.

O documental Linguas cruzadas, xunto coa súa guía didáctica, entregarase ao Departamento de Lingua Galega.

miércoles, 29 de abril de 2009

BIBLIOTECA DE AULA DE 3º DE PRIMARIA

Crónica redactada polos alumnos e alumnas de 3º de Primaria.


Na nosa biblioteca de aula tamén temos libros ben bonitos. Imos contarvos algo dalgúns que xa lemos e ¡ a ver se vós tamén vos animades!


O BOSQUE ANIMADO – Ed. Everest. No bosque animado hai moitos animais, incluso Furi unha toupa que se namorou de Linda.Pero un día os humanos atraparon a Linda cos seus irmáns en gaiolas.A toupa mayor estaba preocupada porque non había quen os rescatara.Pero Linda dixo que non todas estaban atrapadas: faltaba Furi.Furi estaba buscando a forma de liberar a Linda.
Este conto gustoume moito. Nerea Couceiro Gómez


O GATO DE LA – Carlos Domínguez López. Ed. Sotelo Blanco. Gustoume moito o conto e como o gato fixo unha amiga gatuña cosendo a luva de la que estaba moi triste porque estaba soa. Kevin David Sanjurjo Villa
.
LOLO – Pablo Otero "Peixe". Edicións Xerais. Está moi gracioso porque o home colle a letra “z” e dúas estrelas, empezou a facer malabares e de repente apareceu unha “CICLOPTERO-ALFABÉTICO”. A “z” eran os pedais e as dúas estrelas eran as rodas, é decir, unha bicicleta voadora. Miguel López Cuesta.




DEMOS EN CAMISETA . Paloma Bordóns. Ed. Edebé. Era un señor que ó ir cada vez máis vello olvidabanselle as cousas.Tiña un neto chamado Quico…
Paula Deive Martínez.



XOSÉ FAISE AMIGO DO VENTO – Rosa Mª García Vilariño. Ed. Sotelo Blanco Infantil. Xosé tiña dous irmáns mayores ca el: Pablo e David. Pero non querían xogar con el porque era máis pequeño. Un día baixou ó campo e colleu unha corda azul e unha caña de David e o vento empuxabao e Xosé saiu voando e algunhas persoas frotaban os ollos para ver si era unha fantasía…María Primoy Cuenca.



QUERIDO INIMIGO – Agustín Fdez Paz. Ed. Rodeira. Laura tenlles moito medo aos cans. A todos cantos cans existen. Por iso cando a súa nai lle dixo que tiña veciños e que tiñan un can asustouse e xa non podía nin sair nin entrar. Silvia Roca Deibe.



HISTORIA DUNHA LATA – Alberto Varela Ferreiro. Ed. Planeta, Oxford. É unha historia moi bonita. Fala sobre a reciclaxe e a amistade. Trata dunha vaca que atopa unha lata que un neno chamado Xan tirou cando comeron o atún…José Carlos Silvar Fernández.


¿Sabedes?


O primeiro alumno da clase de 3ºde Primaria que consiga ler 10 libros e completar unha pequena ficha sobre cada un deles,
gaña un DIPLOMA Ó MELLOR LECTOR da aula e un premio.
Pero o mellor de todo é o que aprendemos e o ben que o pasamos lendo.

CONTACONTOS KALANDRAKA



MARTES 3 DE MARZO DE 2009


Crónica escrita polo alumnado de 3º de Primaria:

O martes, día 3 de marzo, os nenos de 3º de Primaria fomos a un Contacontos á biblioteca do noso colexio. Alí pasámolo moi ben. Vimos e faláronnos de varios libros, entre eles o seguinte:


Título: “CERCA”
Autora: NATALIA COLOMBO.
Editorial: KALANDRAKA.


O conto trata dun coello e dun pato que sempre se cruzaban no camiño e nunca se saudaban . E os dous estaban moi tristes e sos. Por actuar dese xeito deixaron de facer moitas cousas: xogar no parque, tomar o té xuntos, saudarse, viaxar xuntos… A nós este pareceunos un final triste e decidimos inventar outro que nos gusta máis:



Un día o pato ía paseando e tropezou, non podía erguerse e cando pasou o coello axudoulle a levantarse. Comezaron a falar e fixéronse amigos para sempre. A partires daquel momento entenderon que se necesitaban e que estaban máis contentos xogando xuntos e nunca máis estiveron sos nin tristes.

martes, 28 de abril de 2009

IV SEMINARIO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA NO ENSINO





A Coordinadora do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüístico está asistindo ao IV Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino que estase a celebrar no I.E.S. Rafael Dieste, A Coruña. Datas: 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de Abril de 2009.

miércoles, 22 de abril de 2009

CONCURSO MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS

Venres 8 de Maio de 2009


MODALIDADE EDUCACIÓN INFANTIL

O Xurado determinou otorgar un premio colectivo a repartir en Educación Infantil

MODALIDADE EDUCACIÓN PRIMARIA
Marcapáxinas finalistas:
Sheila Buyo Collazo (4º Ed. Primaria); Aldara (1º Ed. Primaria); Nerea (3º Ed. Primaria); Elisa Fernández Martínez (6º Ed. Primaria); Martín Cortizas Suárez (5º Primaria)

Marcapáxinas gañador:
Sergio García Coira (2º Ed. Primaria)

MODALIDADE EDUCACIÓN SECUNDARIA

Marcapáxinas finalistas:
Lorena Varela (1º E.S.O.), Luz Mery Barral (2º E.S.O.), Lucía Pérez (4º E.S.O.)
Marcapáxinas gañador:
Saray Fernández Mosquera (3º E.S.O.)











23 de Abril de 2009



O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, en colaboración co equipo Monferosolidario, propón a seguinte actividade para conmemorar o Día do Libro:


O próximo 26 de Abril, Día do Libro, o noso centro reescribirá o futuro de miles de nenos e nenas que non poden aprender a ler nin escribir. A través do concurso de “Marcapáxinas solidarios” o noso centro promoverá a educación en valores solidarios e o gusto pola lectura entre o alumnado e as familias.


Descrición da actividade:



  • Os alumnos traballarán nas titorías na creación de marcapáxinas solidarios (debuxo, texto, collage, etc.)

  • O 23 de Abril, conmemorando o Día do Libro, todos os marcapáxinas serán expostos nos taboleiros do centro, e un xurado adxudicará premios aos mellores traballos, tendo en conta a súa calidade artística e mensaxe solidaria.

Un xurado elixirá os mellores traballos, e decidirá as obras grañadoras na categoría de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria. O Equipo de Normalización E Dinamización Lingüística farase cargo dos premios.

viernes, 17 de abril de 2009

CONTOS CHEGADOS DOUTRO LUGAR




XOVES 16 DE ABRIL DE 2009


Sesión de contacontos para o alumnado de educación infantil: "Contos chegados doutro lugar", a cargo de Mario Tomás. Biblioteca Castelao, de 15:00 a 16:00 horas.







miércoles, 15 de abril de 2009

XXV ASAMBLEA ANUAL DA NOVA ESCOLA GALEGA

1 DE ABRIL DE 2009

Acuse de recibo vía e-mail da resolución sobre a lingua aprobada pola XXV Asamblea anual de Nova Escola Galega


A XXV Asemblea anual de Nova Escola Galega aprobou unha resolución sobre a lingua, que vos achegamos como arquivo engadido.

APRENDENDO COAS ESCOLAS CLIMÁNTICAS

16 DE ABRIL DE 2009

Acuse de recibo de información sobre a actividade “Aprendendo coas escolas climánticas”, Proxecto de Educación Ambiental Cambio Climático da Xunta de Galicia. As bases quedarán colgadas no Taboleiro da Sala de Profesores e no Blogue Xesteira-Online para a súa difusión.

Entrega do libro A treboada de C, Agustín Agra, Colección de Contos Climánticos da Xunta de Galicia. Cedido á Biblioteca Escolar