miércoles, 29 de abril de 2009

CONTACONTOS KALANDRAKA



MARTES 3 DE MARZO DE 2009


Crónica escrita polo alumnado de 3º de Primaria:

O martes, día 3 de marzo, os nenos de 3º de Primaria fomos a un Contacontos á biblioteca do noso colexio. Alí pasámolo moi ben. Vimos e faláronnos de varios libros, entre eles o seguinte:


Título: “CERCA”
Autora: NATALIA COLOMBO.
Editorial: KALANDRAKA.


O conto trata dun coello e dun pato que sempre se cruzaban no camiño e nunca se saudaban . E os dous estaban moi tristes e sos. Por actuar dese xeito deixaron de facer moitas cousas: xogar no parque, tomar o té xuntos, saudarse, viaxar xuntos… A nós este pareceunos un final triste e decidimos inventar outro que nos gusta máis:



Un día o pato ía paseando e tropezou, non podía erguerse e cando pasou o coello axudoulle a levantarse. Comezaron a falar e fixéronse amigos para sempre. A partires daquel momento entenderon que se necesitaban e que estaban máis contentos xogando xuntos e nunca máis estiveron sos nin tristes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario