Xesteira Films, en colaboración con VirxedacelaSoundStudio, vén de lanzar o videoclip 50 Primaveras Xuntas, un producto audiovisual promovido polo Departamento de Música do CPI Virxe da Cela. A canción foi creada pola alumna U.T.M. de 3º da ESO utilizando a ferramenta de IA Suno, coma unha homenaxe ao centro educativo no seu 50 Aniversario. Contamos coa fermosa voz da alumna L.F.V. de 4º da ESO, gravada e editada no estudo VirxedacelaSoundStudio no espazo Ferraganchos. O videoclip foi gravado no patio da escola e nos espazos naturais dos arredores, tendo como protagonistas ao alumnado de 4º da ESO, utilizando a idea da graduación como mapa visual e narrativo. Gravación e edición corre a cargo de Xesteira Films, que promove o audiovisual en galego desde o CPI Virxe da Cela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario