jueves, 30 de abril de 2026

A Revolución dos Caraveis

O luns 27 de abril realizamos unha actividade conmemorativa da Revoluçao dos Cravos en Portugal, que rematou coa ditadura inicial de Salazar e culminada na persoa de Oliveira no ano 1974.

O alumnado de 4º da ESO estudou a evolución histórica deste movemento autoritario e realizou un marcapáxinas co Grândola. O día 27 (ante a imposibilidade de facelo o propio día por caer en sábado) pasaron polas distintas aulas de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º e 3º da ESO, para explicarlles aos seus compañeiros a evolución da ditadura e, sobre todo, a súa fin, coa anécdota dos caraveis. 

Ao rematar a exposición entregáronlles a cada un dos oíntes un marcapáxinas e un caravel.













Participación na xornada Fai Memoria! co proxecto Voces Silenciadas. Lugares de Memoria

O sábado 25 de abril, coincidindo co 51º aniversario da Revolución dos Cravos en Portugal, tivo lugar a xornada Fai Memoria! organizada pola Deputación de A Coruña no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia de Santiago de Compostela e presentada por Sol Agra e Eva Mejuto. O seu obxectivo é a formación dos docentes de Educación Primaria e Secundaria en relación ao tema da Memoria Democrática.

O noso centro, representado pola docente de Xeografía e Historia Paula Cadaveira, participou expoñendo o proxecto Voces Silenciadas. Lugares de Memoria. Violencia e represión en Monfero, Irixoa, Aranga e Vilarmaior durante a Guerra Civil e a posguerra (1936-1949) no que o alumnado de 4º da ESO leva traballando dende setembro na materia de Xeografía e Historia.

Na presentación explicouse o contexto de traballo, a metodoloxía e os recursos empregados, as actividades complementarias realizadas e os produtos finais resultantes da investigación, así como as novas perspectivas que agardamos poder levar a cabo nos próximos meses. 



viernes, 24 de abril de 2026

PREPARANDO OS MAIOS

 





Auxiliar de conversa achegando a visión cultural da celebración dos Maios no seu país de orixe, Filipinas


Comeza a primavera, deixamos atrás os fríos e húmidos días de inverno, así que aproveitamos para dar as aulas no exterior poñéndonos a punto para o Festival dos Maios. Quedan unhas semanas de traballo para practicar os bailes e perfeccionar a práctica instrumental para poder amosar estas manifestacións culturais no vindeiro festival dos Maios, que tará lugar o venres 22 de maio de 2026. Ademais destos expresións artísticas musicais que todavía conservamos, poidemos aprender tamén doutras manifestacións paralelas que se realizan noutras partes da xeografía. De feito, o noso auxiliar de conversa, Niko, aproveitou as clases de música cos diferentes grupos da ESO para falarnos da famosa festa "Flores de Maio" que tan arraigada está no seu país de orixe, Filipinas.