Os alumnos e
alumnas de 1º EP seguimos aprendendo moitas cousas sobre Maruja Mallo e,
buscando como adornar a nosa porta para o Samaín, atopamos unha foto de Maruja Mallo nunha porta en Cercedilla no 1930 e quixemos facer a
nosa versión da foto. Engadímoslle algunhas imaxes dos lumes que asolaron
Galiza, xa que unha cousa que nos dá moito medo é que ano tras a ano arda a
nosa terra e non se faga nada para remedialo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario