O alumnado de 1º e 2º
de Primaria este curso participamos no Proxecta “Donas de si” co que se
pretende o coñecemento e divulgación de mulleres relevantes da nosa historia.
Así, baixo o título “O que non se nomea non existe” imos profundar na vida e
obra de diferentes mulleres.
A primeira que
traballamos é Maruja Mallo. A partir do libro “Mulleres bravas da nosa
historia” coñecemos a súa biografía e algúns do seus cadros. Dentro deste
proxecto asistimos tamén xunto co resto de alumnado de Primaria ao Museo de
Belas Artes de A Coruña para gozar do espectáculo de danza e teatro ELA no que
ían representando distintos momentos da vida da artista e a montaxe de
diferentes cadros.
Representación do cadro Elementos para o deporte |
No hay comentarios:
Publicar un comentario