Prezadas familias:
Unha vez máis queremos pedirvos a vosa colaboración para a decoración de Nadal do comedor e o escenario do festival de Nadal. Neste curso temos un proxecto documental de centro sobre a auga, polo que imos levar esta temática á decoración de Nadal. Queremos crear entre todos un mar cheo de vida sobre as nosas cabezas. Para o que vos pedimos un adorno de Nadal que se poida colgar do teito.
Pode ter calquera forma, podería tratarse de algo recoñecible como unha estrela, burbullas, un peixe, un polbo, unha medusa... Tamén poderían ser formas abstractas: tiras de papel ou plásticos, formas poligonais ou libres imitando as ondas. Para que todos estes traballos teñan una certa unidade cando os colguemos xuntos, imos limitar o uso das cores. As cores principais serán o prateado, o azul e o branco para todas aquelas formas que imiten a auga. Para os que prefirades facer un peixe ou calquera outro animal mariño poderedes utilizar calquera cor para que así destaquen sobre o fondo prateado. Primaremos na confección destes traballos o uso de materias reciclados e de refugallo e evitando mercar adornos xa feitos. Teñen que ter pouco peso e que traian unha tanza ou cinta de 80 cm como mínimo, para poder colgalo.
A data límite para entregar estes traballos será o venres 1 de decembro, podéndose entregar dende o luns 27 de novembro aos titores/as no caso de EI e EP, e á profesora de Plástica no caso da ESO. É un trabalo completamente voluntario* para facer en familia.
Saúdos. A dirección
*O alumnado de EPVA da ESO terao como traballo obrigatorio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario