Durante a xornada lectiva do 31 de outubro tivo lugar no CPI Virxe da Cela a celebración do Magosto 2017. Iniciamos a xornada con xogos e actividades deportivas populares e tradicionais para o alumnado de EI e EP. Todas elas se celebraron no patio interior do colexio e na aula de Psicomotricidade en horario de mañá (despois do recreo). Houbo xogos que se adaptaron para que a castaña pasara a sen un aspecto importante dentro deles (como por exemplo a culler-castaña) e outros “clásicos” como as carreiras de sacos. Para o desenvolvemento delas, contouse coa colaboración do alumnado de 3º da ESO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario