martes, 26 de enero de 2010

CONTACONTOS DE KALANDRAKA



O Martes 26 de Xaneiro os/as alumnos/as de Educación Infantil e de 1º de Primaria disfrutaron dun maravilloso espectáculo de contos musicados a cargo de Pablo Díaz e Patricia González. Fixeron un repaso de varios libros de contos publicados pola editorial Kalandraka, asombrando aos máis pequenos coa súa capacidade de narrar historias, acompañadas dunha especial banda sonora de fondo, os instrumentos propios do noso folclore galego: frautas, clarinetes, pandeiretas, pandeiras, etc.

viernes, 22 de enero de 2010

TARABELOS: TÍTERES E CONTACONTOS




Incluimos información sobre a campaña de espectáculos de títeres e contacontos que ofrece a compañía Tarabelos para o ano 2010

ACTIVIDADES CREARTE

Difundimos información sobre o programa de actividades educativas que ofrece aos centros de ensino Crearte Servizos Culturais. Crearte especialízase en programas educativos dende o ano 2002, empregando unha metodoloxía participativa, baseada na observación o diálogo e a experimentación, deseñando actividades educativas e formativas a medida, dirixidas a escolares e docentes. As actividades educativas de forman parte do catálogo de Letras Vivas
Animación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.