INFANTIL

CUMPREANOS DO MES DE XUÑO


Felicidades grumetes SARA, YOEL e ALE!!
Agora xa sodes piratas de 5 anos.




VISITAMOS A LONXA DE "A CORUÑA"

O pasado 26 de Maio o alumnado de Infantil e 1º Ciclo acudiu á lonxa na Coruña, onde nos ensinaron os diferentes peiraos, o centro de control e seguridade e as dependencias da lonxa. Explicáronnos o seu funcionamento e mesmo se fixeron pequenas subastas de peixe. Ademais os nenos estiveron en contacto con diversas variedades de peixe e aprenderon a identificalos. Rematamos a saida cunha boa comilona no pinar de Cabañas.


CELEBRAMOS OS MAIOS E LETRAS GALEGAS

As tradicións son unha riqueza popular que debemos continuar e alimentar, que permiten que a nosa cultura perviva e que todos e todas poidamos coñecer. Tal e así, que os peques de 3, 4 e 5 anos de Infantil, vestidos cuha saia e chaleques decorados por eles mesmos, representaron e bailaron a canción popular "A saia de Carolina", acompañados polos rapaces e rapazas de Secundaria instrumental e vocalmente. Celebrando deste xeito OS MAIOS e o Día das LETRAS GALEGAS, adicadas este ano a J.F. Filgueira Valverde.







CUMPRES DO MES DE MAIO

FELICIDADES  CHICOS!!
Os nosos parabéns a: Xiana, Tatiana, Mila, Elías, Andrea y Paula.
Que maiores van, xa teñen nada máis e nada menos que 5 anos. Bueno... todos menos Paula que xa cumpriu 6, poderíamos dicir toda una rapariga de primaria.



MÁIS AVENTURAS NA BIBLIO


Como sabedes o "Clube de Lectura" do cole, entre outras moitas das súas actividades , apadriñaron a cada neno-a de Infantil co fin de lerlles aos seus afillados un conto na Biblioteca. Actividade moi motivadora tanto para os padriños-madriñas como para os afillados-as, ademais de gratificante, de colaboración e responsabilidade. É así como os peques comezaron a súa aventura cos LIBROS e os maiores continuárona.
Os padriños-madriñas de 5º e 6º de primaria quixeron agasallar aos afillados-as cun conto elaborado por eles mesmos, nun acto simbólico que se desenvolveu, como non, na Biblioteca.
Os "Piratas do Río Lambre" e os "Bob Esponja" queren agradecerlles a súa adicación e traballo con este video. GRAZAS!!!


  

# SOS EUROPE
O pasado 18 de Abril de 2015, un barco de pesca que levaba inmigrantes, naufragou a 73 millas da costa libanesa. A garda costeira italiana confirmou que só 28 persoas foron rescatadas con vida das máis de 700 que viaxaban nel. Sendo o naufraxio máis tráxico acontecido no Mediterráneo.
A nova tivo tal alcance, que o alumnado do CPI Virxe da Cela, quixo participar nun chamamento aos gobernos por este tipo de accidentes tan graves. Foi por iso que se elaboraron barquiños de papel que levaban inscritos "# SOS EUROPE" e se colocaron polos corredores do cole.








DÍA DO LIBRO
Os libros forman parte do noso día a día, a súa maxia fixo que o alumnado de Infantil elaborase o seu propio libro: REFRANEIRO POPULAR de Monfero, grazas á axuda e colaboración das súas familias ao transmitirlles a sabedoría popular. Esta foi a maneira en que os nenos e nenas de 3-4 e 5 anos quixeron conmemorar o 23 de Abril.




SAME 2015
Na semana so 20 a0 24 de Abril o noso centro participou na Semana de Activación Mundial de Educación (SAME) 2015. Decoraron carteis moi personalizados e cubriron unhas tarxetas coas súas ideas sobre o dereito de todos os nenos e nenas de ter unha educación. Así contribuiu o alumnado de Infantil:




CONTINUAMOS A EXPERIMENTAR

Os peques de Infantil atrévense con todo. Primeiro quixeron saber como facer PLASTELINA, e experimentaron ata conseguilo. Agora a iniciativa é facer PAPEL. Así que, coa axuda dos maiores de 4º de Primaria e as  profes Sonia e Lucía, embarcáronse na aventura e... este foi o resultado:





OS CUMPRES DO Mes  de Marzo  
"Piratas do Río Lambre"
O pasado mes de Marzo tres compañeiros da clase dos Piratas estiveron de cumpre. FELICIDADES para Xabi, Vane e Diego!!



EXCURSIÓN AO PARQUE VIAL E MUSEO DO HUMOR

O Mércores 15 de Abril os alumnos e alumnas do 1º ciclo de Primaria e de Infantil disfrutaron en Barallobre, no concello de Fene, das instalacións do PARQUE VIAL. Nel o primeiro que aprenderon foi a importancia de protexerse cos EPIS: Equipas de Protección Individuais (cascos e chaleques reflectantes). Que unha vez montados nun vehículo (bicis con e sen pedais, patinetes, cars a pedais e catro por catro tamén a pedais) deben manter e respectar a distancia de seguridade entre eles. Seguir as frechas, ir polo carril da dereita, respectar os sinais e sempre, sempre cruzar polo "paso de peóns" cando señan peóns. Houbo páctica e teórica, igualiño que nunha "autoescola" para maiores. Foi xenial!!




Pero o día continuou... visitaron ademais o MUSEO DO HUMOR, no que admiraron cadros cheos de detalles divertidos do debuxante Xaquín Marín (fundador do museo); víronse reflexados en espellos: máis altos, máis baixos, máis delgados e máis gordos. E finalmente tamén foron debuxantes coloreando debuxos. Foi divertido!!



SEMANA DA PRENSA
A semana comprendida entre os días 9 e o 13 de Marzo foi adicada aos xornais na escola. Os peque de infantil traballan con moitos medios de comunicación e saben moito deles: a televisión, a radio, o ordenador, os xornais... Tal é así que nas nosas aulas temos un espazo adicado aos Xornais, pois cada semana aprendemos algo deles e con eles.
A continuación vos deixamos unha mostra das diversas actividades que facemos.




DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Co motivo do Día da Muller Traballadora, o 8 de Marzo, o centro preparou una actividade coa que se pretendía valorar o que as mulleres foron conseguindo co paso do tempo, o seu esforzo por acadar unha igualdade e un recoñecemento no mundo. 
Non tivemos que ir lonxe, so falar coas MULLERES DA NOSA VIDA: avoas, nais, tías, curmás, veciñas... Quen mellor que elas para contarnos as súas historias, as nosas historias,... as historias de todas as mulleres.










EXPERIMENTAMOS
Hai uns días as aulas de infantil convertíronse en talleres onde puidemos "fabricar" a nosa propia PLASTELINA. Preparamos os ingredintes: fariña, sal, colorante e auga. Mesturámolos e logo de moito amasar, conseguimos unha verdadeira masa de plastelina .
Houbo que deixala repousar unha hora e listo... xa podíamos modelar.






AVENTURAS NA BIBLIO
Esta vez foron Álex e Patricia, procedentes da fábrica de contos de KALANDRAKA, os encargados de levarnos a percorrer unha aventura moi, moi especial na Biblioteca cos contos "O Tío Lobo" e "Carmela". Iso si, tivemos que prepararnos previamente:
1.- Cus pegados ao chan.
2.-Pernas colocadas coma os indios.
3.-Orellas e Ollos ben abertos e...
4.-"BEN CALADIÑOS".
Agora si... unha vez cumpridas as normas, deu comezo a aventura cunha fantástica dramatización e acompañamento musical co acordeón.




BOA VIAXE "GRUDANI"

O pasado 19 de Febreiro o noso compañeiro de 4 anos e Pirata do Río Lambre ,embarcouse nunha singladura cara a costa Coruñesa, deixando as terras de Monfero. Pero non podía facelo sen ter unha gran festa pirata!
Desexámoste o mellor DANI!!! e... botarémoste de menos un montón. Bicos de todos nós.



Festa Pirata DANI - Kizoa Movie Maker


MURAL DO ENTROIDO
Os peques de infantil non perden o tempo!! Aproveitan cada celebración e festa popular para facer traballos artísticos. Fenomenal Piratas e Rapeiros de Bob Esponja!!

ENTROIDO 2015
OS TERRIBLES PIRATAS DO RÍO LAMBRE




CELEBRACIÓN DO "DÍA DA PAZ"

Entre os moitos retos cos que se atopa a educación temos a transmisión duns valores que permitan unha convivencia harmónica e en paz. Arduo traballo diario no que debemos colaborar tod@s, apoiarnos uns aos outros: familia, sociedade e comunidade educativa.
As commemoracións a celebrar no noso centro, como o Día da Paz, son unha pequena mostra dese traballo diario. É por iso que queremos ofrecervos as diferentes actividades que se prepararon.
Houbo dous actos conxuntos nos que participou todo o centro : Infantil, Primaria e Secundaria.

1º- Elaboración do "LIBRO BLANCO DA PAZ", no que se quixo deixar constancia do significado da paz para nós con frases ou debuxos representativos, e así o fixo infantil:


2º- Elaboración da "ÁRBORE DA PAZ" simbolizando un traballo de todos e para todos en prol da PAZ e NON á GUERRA, cubríndoa de follas cheas de boas mensaxes de paz, amor, amizade, compañerismo, solidariedade,...


  ANTES                                                                                    DESPOIS
















Pero ademáis os máis pequechos do cole elaboraron moi ilusionados o seu propio MURAL da PAZ, no que deixaron as súas pegadas nunha gran Pomba Blanca enchéndoa de "cor" e "ledicia". Así como decoraron outro dos símbolos da paz con fermosos motivos decorativos.


Outra das actividades das que foron protagonistas os nenos e nenas de infantil foi a dun TALLER DE COCIÑA : "Cocinando pola Paz" na que todos colaboraron na realización de deliciosas figuras de pan de molde: corazóns, flores, círculos,... e unha fermosa Pomba que levaron para as súas casas e compartir coa familia.



ACTUACIÓN DE NADAL DOS PEQUES

O ano 2014 chegou ao seu fin para dar paso ao Aninovo 2015, para despedilo o alumnado do CPI Virxe da Cela preparou unhas maravillosas actuacións das que tod@s puidemos desfrutar no FESTIVAL DE NADAL celebrado o pasado 19 de Decembro. Tal foi así, que os máis peques ensaiaron con ilusión as súas. Traballaron e se esforzaron un montón, pero sobre todo o pasaron moi ben. Noraboa a tod@s!!  
  
CONCERTO DIDÁCTICO
Ludmila Orlova visitou o noso centro para deleitarnos cun concerto didáctico no que participaron os alumnos e alumnas de primaria e de infantil.





VISITA CULTURAL AO BELÉN DA ORDE III DE FERROL
O pasado 12 de Decembro o alumado de Infantil saiu de Monfero con destino Ferrol para desfrutar do Belén da Orde III que leva 70 anos vivo. O seu creador, Alfredo Martín, construiu coas súas propias mans todas e cada una das figuras que o compoñen. Espectacular!!!




AVENTURAS NA BIBLIOTECA
Serán moitas as aventuras que os nen@s de infantil viviremos na Biblioteca do noso cole. Pero para que iso ocurra primeiro teremos que visitala, coñecela e saber o que alí acontece.
Xa estivemos cando veu PARCHERATA  e  cando veu a SOÑOÑA, pero tamén fomos para saber por que existen as bibliotecas e como se formaron, grazas á versión que a mestra Carmen nos contou dun relato de Laura Gallego: y cuenta la historia que hay algunas bibliotecas que guardan entre sus estantes un libro especial que deja caer palabras-semilla. Y que, si aterrizan en el lugar adecuado, cada una de esas palabras crecerá hasta convertirse en un árbol que dará como fruto nuevos libros. Nadie sabe en qué bibliotecas se encuentran estos libros maravillosos. Se desconoce… “


Que sorpresa levamos cando vimos unha fermosa exposición de dragóns, incluso estaban os que nós levaramos. Foi así como os máis peques do cole contribuíron a ese gran proxecto que os máis maiores están a desenvolver, o PROXECTO DRAGAL



 

O CUMPRE DO MES NA AULA "Os Piratas do Río Lambre"

Este mes de decembro a festa foi para o noso compi Nuno, FELICIDADES!!!!!


CONTACONTOS: " Argallando Educación e Tempo Libre"

Dende a Illa dos SOÑOÑOS onde os soños fan que todo sexa posible, a Soñoña Ana viaxou ata o noso centro o xoves 27 de novembro. Unha vez nel e cos peques de infantil,  na biblioteca pasamos momentos máxicos, disfrutando coas nosas sensacións e aprendendo coa sabedoría  e fórmulas máxicas dos SOÑOÑOS a xestionar estados de ánimo como o medo, a alegría... Foi divertido aprender a través de contos e ser partícipes deles.


      

Presentación de diapositivas: Soñoña - Diapositivas
 
UNHA VISITA INESPERADA

Parcherata é un pirata xenuíno e brabucón
ao que lle gustan os libros un montón.
Surca ríos, mares e océanos
na procura da ilusión dos nenos.
Deste xeito chegou ata nós 
e fíxonos membros da súa tripulación. 
                                                 Grazas.


                 

            






DEGUSTACIÓN DE OUTONO NAS AULAS DE INFANTIL
O pasado venres 21 de Novembro pasamos unha tarde de outono saboreando una morea de froitas e froitos típicos do outono. Disfrutade connosco vendo esta pequena mostra !!




MARRÓN - AMARELO O OUTONO XA CHEGOU E FOLLIÑAS  SECAS   AO  PE  DESTA ÁRBORE  NOS   DEIXOU




CUMPREANOS CELEBRADOS NA AULA: "Os piratas do Río Lambre"







EXPOSICIÓN CABAZAS: Infantil e 1º Ciclo de Primaria

A continuación podedes disfrutar dunha pequena mostra dos traballos realizados para a Festa do Samaín:


                           

















MONSTRUO-ARAÑAS




XOGANDO A TRUCO-TRATO TOCOUNOS LEVAR UNHAS PRECIOSAS "CESTIÑAS CON CHUCHES" QUE ELABORAMOS NÓS MESMOS, OS PEQUES DE INFANTIL.
E POR SI FORA POUCO  "PIRULETAS-PANTASMA". UUUUUMMMMM, QUE RICO!!

                                                             ISTO SI QUE É SORTE!!!






BENVID@S  AO NOVO CURSO


As mestras de EDUCACIÓN INFANTIL queremos darvos a BENVIDA  a este novo curso escolar 2014-2015 a tod@s os nen@s  e ás súas familias, é por iso que vos deixamos estas fotos que decoran os corredores de infantil.
ÁNIMO, PACIENCIA, TRANQUILIDADE, ESFORZO, ILUSIÓN e GANAS DE TRABALLAR acompañaránnos todo o curso!!.












1 comentario: