Martes 28 febreiro 2023. Esther Estevez. Dígocho Eu.
martes, 28 de febrero de 2023
jueves, 23 de febrero de 2023
23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA
CONCURSO LITERARIO DE "CONCURSO NACIONAL DE CONTOS DE NENOS PARA NENOS"
Cartaz CONCURSO LITERARIO "CONTOS DE NENOS PARA NENOS" by veracruces on Scribd
sábado, 18 de febrero de 2023
ENTROIDO 2023 NO CPIP VIRXE DA CELA
Celebramos o Entroido o venres 17 de febreiro, e nesta ocasión
centrámonos na temática do cómic. Foi un festival multicolor, no que os
alumnos/as e profesores/as exhibiron os seus fantásticos disfraces. Iniciamos o
acto cun desfile de todos os grupos . Pola pista desfilaron os Simpsons, os Pokemon, os Minions, Doraemon, Bop Esponja,
Os picapedra, os Pitufos e pitufiñas, Panteiras Rosas, Mikies e moitos máis.
Acto seguido contamos coa presenza dunha representación do Entroido tradicional
de Samede (Paderne) que nos acompañaron
coas súas danzas e bailes aos cales nos unimos.
Rematamos a xornada coa queima do meco.
10:30. Presentación e benvida
10:35: Desfile do alumnado de Educación Infantil
10:45: Desfile do alumnado de 1º Educación Primaria
10:55. Desfile do alumnado de 2º Educación Primaria
11:05. Desfile do alumnado de 3º Educación Primaria
11:15. Desfile do alumnado de 4º Educación Primaria
11:25 Desfile e representación do alumnado de 5º Educación Primaria
11:40 Desfile e representación do alumnado de 6º Educación Primaria
11:55. Desfile do alumnado de 1º Educación Secundaria Obrigatoria
11:55 Desfile do alumnado de 2º Educación Secundaria Obrigatoria
12:00 Desfile do alumnado de 3º Educación Secundaria Obrigatoria
12:05 Desfile do alumnado de 4º Educación Secundaria Obrigatoria
12:15 Entrega de premios en recoñecemento á participación do alumnado, que realizarán nais representantes da ANPA
12: 25 Lecer
12:40 Actuación do grupo de Paderne que recupera o entroido de Samede e acompañamento do grupo folclórico Virxe da Cela.
13:30 . Despedida do Entroido.
Parte I (Desfile)
viernes, 17 de febrero de 2023
I CONCURSO AUDIOVISUAL "ANPAS GALEGAS SOMOS RURAL"
A Confederación ANPAS GALEGAS organizan o “ I CONCURSO AUDIOVISUAL - ANPAS GALEGAS SOMOS RURAL” para todo o alumnado dos centros de ensino público galegos, co obxectivo de contribuir á difusión, coñecemento e posta en valor do incríbel patrimonio cultural e paisaxístico do noso rural.
Tedes toda a información na web específica: https://somosrural.anpasgalegas.gal/concurso/
É preciso que facer unha pre-inscripción, con prazo até o 28 de febreiro. Unha vez acepten a solicitude, estará dispoñible até o o 15 de abril para presentar os proxectos.
Bases Legais i Concurso Anpas Galegas-somos Rural by veracruces on Scribd
martes, 14 de febrero de 2023
O ENTROIDO A TRAVÉS DAS MÁSCARAS
Departamento de Plástica organizou unha exposisión de máscaras de Entroido realizadas polo alumnado da ESO. Está á vosa disposición no panel que hai na entrada da Biblioteca Castelao.
lunes, 13 de febrero de 2023
CLAUSURA DE 21 DÍAS CO GALEGO NO CPI VIRXE DA CELA
Que mellor que un menú degustación da cultura galega para clausurar o programa "21 Días co Galego e +" no CPI Virxe da Cela.! Empanadas e bica galega, regada coa mellor música tradicional interpretada pola Asociación Folclórica, Cultural e Deportiva Virxe da Cela para dar hoxe (luns 13 de febreiro de 2023) o peche a estes 21 días nos que alumnado, profesorado e familias reflexionaron sobre a nosa lingua galega e a utilizaron a diario no centro educativo.
13 FEBREIRO: DÍA MUNDIAL DA RADIO
PONTE NAS ONDAS quere celebrar con vós o Dia mundial da radio que a UNESCO dedica á temática da RADIO e a PAZ. Toda a programación vai ser emitida desde o portal web ESCOLAS NAS ONDAS (www.escolasnasondas.com). Gustaríanos divulgar esta composición realizada para Ponte...nas ondas! por artistas da lusofonia: https://youtu.be/aM7udB8aYI8
QUE SABEDES DO ENTROIDO GALEGO?
Achegamos material didáctico, elaborado polo EDLG do CEIP Emilia Pardo Bazán, da Coruña, que vos pode servir para as actividades relacionadas coa celebración do entroido.Este material é o seguinte:
1. Díptico personalizable con catro textos sobre o entroido, en formato PDF e tamaño A42. Genially cun pasapalabra con vocabulario do entroido e dirixido ao alumnado de Ed. Primaria.
https://view.genial.ly/63e40a75eceeb000188efbcd
DÍPTICO ENTROIDO 2023 by veracruces on Scribd
CLAUSURA, REFLEXIÓN E VALORACIÓN DE 21 DÍAS CO GALEGO E +
Pouco a pouco chegamos ao final dos 21 días co galego e + 2023. Hoxe tócanos gozar da clausura e realizar a última reflexión e logo, nas vindeiras semanas, deberás realizar o cuestionario de valoración do alumnado participante que has atopar na segunda parte desta entrada.
FALAMOS – REFLEXIÓN 3
Hoxe tócache realizar a túa terceira e última gravación de reflexión: neste caso trátase dunha reflexión especial coa que se pretende que realices unha análise xeral da túa participación no proxecto. Para iso queremos que fagas memoria e que lembres como comezaches. Recorda que, nestas gravacións, que deberás gravar en solitario ao final do día, o que realmente importa é a túa sinceridade e capacidade de análise.
1.- Consideras que nestas tres semanas aumentou a túa competencia oral en galego ou consideras que axudaches a que outras persoas mellorasen a súa competencia oral? Xustifica a resposta.
2.- En caso afirmativo, coidas que aumentaría do mesmo xeito con outro tipo de actividade? Dinos como e dános ideas para mellorarmos.
3.- Esta experiencia axudouche a coller soltura á hora de te desenvolveres diante dunha cámara?
4.- En calquera acción que emprendamos, os logros relaciónanse directamente co grao de implicación.
Do 1 ao 10, que nota cres que deberías levar no proxecto tendo en conta o desenvolvemento da túa competencia en lingua oral ou os logros que conseguiches con outras persoas?
Do 1 ao 10, que nota cres que deberías levar no proxecto tendo en conta o teu nivel de traballo e o teu grao de implicación?
Que nota che sae de media?
5.- Atopaches algún atranco para falares en galego durante estas tres semanas? Se é que houbo algún, explica cal ou cales foron.
6.- As gravacións de reflexión fóronche útiles? Xustifica a resposta.
7.- Consideras que estás en situación de ser bilingüe? E de ser galegofalante? Xustifica a túa resposta.
8.- Se estivese na túa man a continuidade do proxecto, continuarías con el noutros cursos, modificaríalo ou eliminaríalo?
9.- Que tipo de actividade farías ti para que o alumnado falase máis en galego?
10.- Cres que esta actividade resulta interesante e positiva? Xustifica a túa resposta.
11.- Desexas dicir algo máis?
CUESTIONARIOS DE VALORACIÓN
Gustaríanos que, unha vez que remates os 21 días co galego e +, realices un cuestionario de valoración para nos axudares a mellorar este programa no futuro. Moitas grazas por colaborares connosco.
Preme no cuestionario do teu colectivo. Os formularios pódense cubrir ata o 15 de marzo.
ALUMNADO PARTICIPANTE – Cuestionario de valoración
PROFESORADO PARTICIPANTE – Cuestionario de valoración
PROFESORADO COORDINADOR DE CENTRO – Cuestionario de valoración
viernes, 10 de febrero de 2023
A PONTE: ARTISTAS DA LUSOFONÍA
PREMIO "I-COMERCIO": PANTALLA TÁCTIL INTERACTIVA
Participar no concurso "I-Comercio: Idea o teu comercio" tivo a súa recompensa, non so a nivel persoal para o alumnado de 3º da ESO pola aprendizaxe adquirida deseñando as súas propostas, ou para Iria, Lucía, Silvia e Diego que estiveron na gala de entrega de premios na gala que tivo lugar en Santiago o 16 de xaneiro de 2023. Agora toda a comunidade educativa poderá disfrutar dunha pantalla táctil de última xeración que será colocada na Aula Ferraganchos ofrecendo unha experiencia interactiva incrible!
O podcast “Flowers Coruxou S.L”, unha idea de negocio floral no que se conxugan tradición e modernidade, presentada en formato radiofónico, realizado por estes catro alumnos/as de 3º da ESO do CPI Virxe da Cela (Monfero), resultou premiado no concurso I-Comercio: Idea o teu comercio!, unha iniciativa da Xunta de Galicia que busca achegar á mocidade ao comercio de proximidade e traballar nunha idea pioneir a innovadora que contribúa ao desenvolvemento da contorna e que sexa respectuosa co medio ambiente.
DÍA 18: ECOSISTEMAS TERRESTRES EN 21 DÍAS CO GALEGO E +
E rematamos a nosa participación dos centros desta edición cos obxectivos ODS co estudo do número 15 do IES Plurlingüe Aquis Celenis de Caldas de Reis.
jueves, 9 de febrero de 2023
DÍA 17: ENERXÍA ACCESIBLE E NON CONTAMINANTE EN 21 DÍAS CO GALEGO E +
O CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios vénnos falar do sétimo obxectivo dedicado á enerxía accesible e non contaminante.
miércoles, 8 de febrero de 2023
GUIÓN RADIOFÓNICO: FLOWERS CORUXOU S.L.
Compartimos o guión radiofónico deu paso á creación do podcast "Flowers Coruxou S.L.", que representou ao noso centro educativo no certame I Comercio: Idea o teu Comercio Ideal!, da Xunta de Galicia.
Podcast Flowers Coruxou S.L. by veracruces on Scribd
DÍA 16: ACCIÓN POLO CLIMA EN 21 DÍAS CO GALEGO E +
Hoxe o IES N.º 1 do Carballiño proponvos que reflexionedes sobre os últimos fenómenos meteorolóxicos que vivimos en Galicia.
PILAR PONTE NO CPI VIRXE DA CELA
martes, 7 de febrero de 2023
SEMPRE GALEGO
DÍA 15: REDUCIÓN DAS DESIGUALDADES EN 21 DÍAS CO GALEGO E +
Este martes achegámonos ao CPR Divino Maestro de Santiago de Compostela.
lunes, 6 de febrero de 2023
DÍA 14: INDUSTRIA, INNOVACIÓN E INFRAESTRUCTURAS EN 21 DÍAS CO GALEGO E +
Hoxe comezamos a semana no norte e imos ata Viveiro, concretamente ao IES María Sarmiento. Velaquí tedes o seu vídeo
viernes, 3 de febrero de 2023
PROPOSTAS DA AELG PARA CELEBRAR O DÍA DE ROSALÍA
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 23 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web. Por iso, para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra, ideadas a partir do manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro, creado nesta ocasión pola escritora Carme Adán.
O lema é: #cumpriuseaxustiza- Exemplo 1. Coller algunhas imaxes de conflitos bélicos de hoxe, da inmigración no mundo, da explotación no traballo, os prezos da vivenda... e facer unha colaxe coa pregunta "Que diría Rosalía?"
- Exemplo 2. Recoller información sobre organismos e ONGs que actúan aquí para denunciar e combater as inxustizas ou asociacións que traballan con mulleres que sufriron violencia (a modo indicativo, Médicos do Mundo, Vagalume, Adega, Esculca, ...).
DÍA 11: REFLEXIÓN E ENQUISAS EN 21 DÍAS CO GALEGO E +
- Está a ser como ti esperabas?
- Como vai o teu reto persoal?
- Pódesnos contar algunha anécdota?
- Xa identificaches as persoas que che axudan a falar máis en galego?
- Que che parecen os materiais creados polos outros centros participantes?
- Que che están a parecer as actividades dos 21 Días co Galego e + no teu centro?
jueves, 2 de febrero de 2023
DÍA 10: IGUALDADE DE XÉNERO EN 21 DÍAS CO GALEGO E +
O CPI Alfonso VII de Caldas de Reis escolleu o obxectivo da igualdade de xénero, un tema que cada vez traballamos máis nos centros educativos.