Para conmemorar o Día de Rosalía (23 de febreiro), o alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI Plurilingüe Virxe da Cela, realizou na materia de Relixión un vistoso mural. Seguindo a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), que utiliza este ano o lema #cumpriuseaxustiza, o collage denuncia as inxustizas do mundo, plantexando a pregunta... "Que diría Rosalía"?.
A rapazada buscou na prensa imaxes de
conflitos bélicos de hoxe, da inmigración no mundo, da explotación no traballo,
os prezos da vivenda... e plasmouno no mural ilustrando as imaxes con palabras
que nos deben facer reflexionar, e que ben poderían ser ditas por Rosalía, hoxe
en día: xustiza social, loita, lei, aldraxe,
desigualdade, inxustizas, dignidade, solidariedade, conciencia, moral...
Ademais do mural en papel, esta actividade ten un formato dixital, compartindo a nosa proposta nas redes sociais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario