Que mellor que un menú degustación da cultura galega para clausurar o programa "21 Días co Galego e +" no CPI Virxe da Cela.! Empanadas e bica galega, regada coa mellor música tradicional interpretada pola Asociación Folclórica, Cultural e Deportiva Virxe da Cela para dar hoxe (luns 13 de febreiro de 2023) o peche a estes 21 días nos que alumnado, profesorado e familias reflexionaron sobre a nosa lingua galega e a utilizaron a diario no centro educativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario