Xesteira Films, en colaboración con VirxedacelaSoundStudio, vén de lanzar o videoclip 50 Primaveras Xuntas, un producto audiovisual promovido polo Departamento de Música do CPI Virxe da Cela. A canción foi creada pola alumna U.T.M. de 3º da ESO utilizando a ferramenta de IA Suno, coma unha homenaxe ao centro educativo no seu 50 Aniversario. Contamos coa fermosa voz da alumna L.F.V. de 4º da ESO, gravada e editada no estudo VirxedacelaSoundStudio no espazo Ferraganchos. O videoclip foi gravado no patio da escola e nos espazos naturais dos arredores, tendo como protagonistas ao alumnado de 4º da ESO, utilizando a idea da graduación como mapa visual e narrativo. Gravación e edición corre a cargo de Xesteira Films, que promove o audiovisual en galego desde o CPI Virxe da Cela.
miércoles, 24 de junio de 2026
martes, 16 de junio de 2026
jueves, 11 de junio de 2026
TEEN SIDE: REVISTA PARA A MOCIDADE
Xa falta menos. A poucos días de rematar este curso 2025-2026 un novo exemplar da revista Teen Side sairá á luz. O alumnado de 2º da ESO, xunto coas colaboracións dalgúns alumnos de 4º da ESO, prepararon esta divertida e colorida revista para a mocidade, escrita en lingua galega. Poderedes atopar un montón de artigos, crónicas, divididas en variadas seccións, para poder encher o voso tempo de lecer nas vacacións.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

