Asociación Mulleres Salgadas, Sandra e Dolores, dentro do programa de radio escolar (Ferraganchos, 10.40 - 11.30h -3º EP). AGARESO e Fundación Ayuda en Acción.
viernes, 26 de abril de 2024
jueves, 25 de abril de 2024
XII DÍA DAS RAPAZAS NAS TIC
miércoles, 24 de abril de 2024
OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN CON ANXO FARIÑA
Diversimonstros
1º+2º EP 10:00-11:00
Diversimonstros
3º+4º EP 12:00-13:00
A cidade violeta
5º+6º EP 13:00-14:00
martes, 23 de abril de 2024
jueves, 18 de abril de 2024
Quen teña honra que me siga!
Con esta frase de María Pita, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria descubriu hoxe a importancia que tivo o Castelo de Santa Cruz na historia defensiva da ría da Coruña. Ademais, aprendemos sobre a vida de Emilia Pardo Bazán quen mercou o castelo para usalo de residencia de verán, pagando só 2 bois!
Coñecemos que a filla de dona Emilia, ao enviuvar, decidiu doalo para os orfos e orfas da Guerra Civil, converténdose durante case 40 anos na vivenda de centos de nenos e nenas.
Actualmente o castelo é a base do CEIDA, sendo os seus biólogos quen nos fixeron o percorrido pola illa, amosándonos non só a súa historia, senón toda a natureza que atopamos nela.
REUNIÓN OBSERVA-ACCIÓN: PREPARACIÓN DA MEMORIA FINAL
Mércores 18 de abril 2024.
Xa efectuada a visita ao CEIP Pintor Rosales de Madrid no mes de marzo 2024, e exercido como anfitrións recibindo ás docentes deste centro madrileño a pasada semana, temos agora como cometido tratar de marcar os puntos de actuacións para realizar unha memoria final que serva para avaliar estes meses de traballo dentro desta III Fase do programa Obsera-Acción.
-Rúbrica de avaliación
-Aula Virtual Centro Formación
-Elaboración produto audiovisual
martes, 16 de abril de 2024
ESCRITA CREATIVA EN GALEGO: III CONCURSO DE MICRORRELATOS
Cara a celebración do día do libro o equipo da Biblioteca e o EDLG lanzamos o III Concurso de escritura creativa de Microrrelatos.
A través
del podedes deixar voar a vosa
imaxinación e trasladarnos a vosa
creatividade.
Poderán
participar o alumnado dende 5º de EP ata 4º de ESO.
Aquí podedes consultar as BASES. ANIMÁDEVOS A CREAR!!!
viernes, 12 de abril de 2024
FÁLAME DA EMIGRACIÓN
Venres 12 de abril 2024. Biblioteca Castelao e UUMM
Rosa Cabana Sande (emigrada a Francia), Ezequiel Juan Luís Guntín Vázquez (emigrado a Arxentina e República Dominicana) e Mª José Varela Quintela (emigrada a Suiza), acompañadas por Teresa Alonso, do Espazo+60 de Afundación de Pontedeume.
NÓS SOMOS ELAS
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e as participantes no programa Donas de si, queremos convidarvos a desfrutar da exposición itinerante "Nós somos elas" que cedeunos temporalmente a Deputación da Coruña. A mostra consta dunha serie de fotografias nas que se recolle a esencia do mundo rural e mariñeiro e póñese en valor a importancia da presencia feminina tantas veces silenciada. As instantáneas, pertencentes ao Arquivo Vidal, acompáñanse das verbas de poetisas contemporáneas para dar máis forza ás imaxes. Esta mostra estará no centro ata o próximo día 22 de abril 2024 e podedes atopala na biblioteca e no corredor da planta baixa do edificio de secundaria.
A mostra "Nós somos Elas", da área de Igualdade da Deputación da Coruña e a AC Alexandre Bóveda, quere poñer o foco nas mulleres, retratadas no seu ámbito privado e laboral polo histórico fotógrafo de Laxe e con voz propia asinando os textos cos que dialogan as imaxes. Mulleres acompañadas dos seus fillos e fillas son os conxuntos máis repetidos nos 24 retratos seleccionados do Arquivo Fotográfico Vidal, concretamente de José Mª Vidal, da colección permanente do Museo de Mar de Laxe. Son pezas do pasado e do presente que constrúen un relato diferente, inclusivo, que trae ás mulleres a ocupar o seu lugar na historia, a facelas protagonistas e visibilizalas". O arquivo está composto por máis de 67.000 imaxes, realizadas dende finais do século XIX ata finais do século XX, polos fotógrafos locais José María Vidal -de quen son a totalidade das imaxes da mostra- e o seu pai Plácido Vidal. Os Vidal foron retratistas da vida cotiá de Laxe e toda a comarca e non houbo acontecemento social que non pasase polas súas cámaras. Festas, procesións, concentracións deportivas, actos relixiosos, personaxes populares, visitantes ilustres, nada escapou ao seu obxectivo.
Ana Romaní, Antía Otero, Berta Dávila, Chus Pato, Clara Vidal, Dores Tembrás, Eli Ríos, Emma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, Eva Veiga, Helena Villar Janeiro, Lucía Aldao, Lucía Novás, Luz Pozo Garza, María do Cebreiro, Marica Campo, Marta Dacosta, Medos Romero, Mercedes Queixas, Miriam Ferradáns, Olga Patiño, Pilar Pallarés, Rosalía Fernández Rial e Yolanda Castaño son as poetas que participan na mostra, poñendo palabra ás imaxes de José María Vidal.
miércoles, 10 de abril de 2024
CASTAÑADA ARRUINADA
O alumnado de 1º da ESO na materia de Proxecto Competencial elaborou este arrepiante podcast titulado "Castañada Arruinada". Baseado nun relato escrito por alumnado e familas do CPI Virxe da Cela para o certame de relato curto "Relatos de medo", organizado polo EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) en colaboración coa Biblioteca Escolar Castelao con motivo do Samaín 2023.
lunes, 8 de abril de 2024
jueves, 4 de abril de 2024
REUNIÓN PLANIFICACIÓN VISITA CEIP PINTOR ROSALES
Xoves 4 abril 2024. 13:50. Aula Ferraganchos. A menos dunha semana de recibir a visita do grupo de docentes do CEIP Pintor Rosales de Madrid, o profesorado do CPI Virxe da Cela que forma parte do programa Observa-Acción ultima os preparativos para o acollemento: horarios, observacións, xestión de espazos, reparto de tarefas, xantar, etc. Sabemos que en equipo todo é máis doado, e queremos deixar todos os cabos ben atados para que os próximos mércores 10 e xoves 11 de abril o noso centro abra as portas as estas xornadas de observacións que revertirán, indudablemente, nunha mellora das nosas prácticas educativas.