martes, 30 de abril de 2024

TECNÓLOG@ POR UN DÍA

Dous alumnos de 3º da ESO do CPI Plurilingüe Virxe da Cela participaron na X Edición de Tecnólog@ por un día, unha iniciativa enmarcada dentro de DigiTalent, o Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia. É un programa da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) que ten como obxectivo impulsar as vocacións STEAM e o interesse polas profesións dixitais dos estudantes da secundaria e o bacherelato.

O propio centro educativo foi o encargado de facer a inscrición do alumnado, para que poidera optar a realizar esta actividade de aprendizaxe, lúdica e interactiva, no GaiasTech ou as instalacións das empresas TIC que colaboran coa iniciativa: Altia, Bahía Software, DXC Technology, NTT DATA, Quobis e Duacode.

Nas palabras de Iván Pena Pérez (3º ESO): Onte fun a un proxecto educativo chamado Tecnólog@ Por Un Día, no que a empresa de Santiago Bahía Software ensinoume o que facían diariamente dende as instalacións ou dende a súa casa, tamén me esplicaron que proxectos fixeron ou están facendo. Os principais traballos que fan son para empresas públicas de sanidade ou emerxencias. Tamén nos deron unha pequena clase sobre o programa de programación Arduino, a súa placa electrónica e como montar os circuitos eléctricos coa súa placa de montaxe sin soldadura. Na miña opinión esta práctica é moi útil e axúdanos a ver como é a vida laboral da xente que traballa detrás das tecnoloxías que usamos a diario.





No hay comentarios:

Publicar un comentario