jueves, 27 de enero de 2011

SEÑOR MUNDO, DÍGAME


"Señor Mundo, Dígame" é o título da obra de teatro que se representou o Xoves 28 de Xaneiro de 2011 no pavillón polideportivo, ás 10:15 horas da mañá. Dirixida para o alumnado de Educación Primaria, esta obra está baseada na historia "Cacarabín, cacarabán" do escritor Antonio García Teijeiro. Esta actividade está enmarcada no programa Bocaberta.É un recital de poesía ameno e gracioso: unha parella nun barco recibe a chamada do Sr. Mundo dicindo que está mal, moi mal. Eles baixan do barco e axúdanlle cos catro elementos da natureza: Terra, Aire, Auga e Lume.