Mostrando entradas con la etiqueta 1º e 2º EP. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1º e 2º EP. Mostrar todas las entradas

lunes, 10 de febrero de 2025

Educación patrimonial: visita ao entro de Interpretación de Caldoval.1º ciclo (1º e 2º de EP)

 O 7 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de EP visitamos os baños romanos de Caldoval en Mugardos, na ensenada de Santa Lucía. 

Este Centro de Interpretación de Caldoval é un proxecto museográfico  que pon en valor o xacemento romano descuberto na enseada de Santa Lucía. Ata o de agora trátase dun dos únicos baños privados con palestra descubertos en todo o noroeste peninsular. 

Un complexo dedicado á hixiene, á saúde, ao lecer e probablemente tamén á práctica deportiva. Un balneum rural doméstico que formaba parte dunha vila a mare, habitada entre o século I e o V. d.C, en época do Imperio Romano.

A través das visitas guiadas e os talleres descubrimos como vivían e coidábanse os  habitantes da Galicia romana. Como funcionaban os baños; cal era o uso e características de cada unha das estancias do circuíto termal; as vestimentas que levaban os e as bañistas; que facían nos seus momentos de lecer; os deportes que practicaban e as súas regras ou os xogos de mesa e azar máis populares.

Mentras a metade do grupo elaboraba mosaicos a outra metade podía contemplar como era este "balneum" privado e como se coidaban os nosos antergos. Velaquí unhas imaxes de todo o que aprendimos! 









Imaxes da actividade.


martes, 14 de noviembre de 2017

LÚA. Teatro dos Ghazafelhos

O alumnado de 1º e 2º de Primaria visitamos o Auditorio de Narón para ver a obra LÚA, da man de Teatro dos Ghazafelhos.

Nela cóntannos como a Lúa baixa á Terra para ver que acontece xa que hai moito ruído, berros, enfados… Así vai percorrendo e ensínanos un mundo separado por barreiras e fronteiras, no que non se valora a diversidade nin a xustiza social, un mundo no que uns teñen todo e outros, nada.