Proxecto Mentoractúa-Observa_Acción. Venres 26 de xaneiro 2024. A pesares das dificultades técnicas das nosas compañeiras do CEIP Pintor Rosales (Madrid), fumos quen de establecer comunicación por videoconferencia a través da ferramenta BigBlueButton que ofrece a Aula Virtual do Servizo de Programas de Formación. Esta é a segunda das videoconferencias que realizamos co centro educativo madrileño, para ir deseñando líñas de acción conxunta.
Mostrando entradas con la etiqueta videoconferencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta videoconferencia. Mostrar todas las entradas
viernes, 26 de enero de 2024
viernes, 25 de enero de 2013
VIDEOCONFERENCIA COA ANTÁRTIDA
O xoves 24 de decembro tivemos a oportunidade de conectarnos vía Skype coa base española Gabriel de Castilla, situada na Illa Decepción, na Antártida. Entre os militares e científicos que traballan nesta estación española atópase Xavier Cristobo, un aresán que a parte de mergullarse nas xélidas augas polares, leva anos inmerso no mundo da investigación biolóxica, sendo na actualidade o director do Centro Oceanográfico de Xixón. Veciño e amigo da nosa profesora aresá Yolanda Castro, aceptou a petición desta compoñente do Equipo de Dinamización da Lingua Galega para transportar a nosa lingua alende os mares, e con grande simpatía e coñecemento, contenstou cada unha das preguntas formuladas polos rapaces e rapazas da ESO, e, como non, ás de María Xosé Fandiño, a profesora de Ciencias Naturais. Xavier Cristobo recibiu os parabéns de todos asistentes a esta videoconferencia, e esperemos que este non sexa máis que o primeiro contacto dunha colaboración máis duradeira. Recorda Xavier que estás convidado a visitar o noso centro cando voltes a Galicia, e poder contarnos todas as túas aventuras e andainas ao carón dunha estufiña... Deixamos pendurado no blogue un dossier con máis datos sobre este interesante proxecto da Antártida e os fermosos debuxos do caderno de bitácora de Xavier Cristovo, que tanto evocan o diario do afamado Charles Darwin na súa travesía a bordo do Beagle...
lunes, 7 de noviembre de 2011
ANO INTERNACIONAL DAS ÁRBORES
"Sabes por que 2011 é o Ano Internacional dos Bosques?" é a pregunta a través da cal Mª Isabel Fraga Vila, profesora e membro da cátedra de Botánica da USC e directora do Museo de Historia Natural da universidade, introduciu a súa ponencia, enmarcada dentro das actividades promovidas pola CGEDLG para celebrar o II Día da Ciencia en Galego. O alumnado de 2º e 3º ciclo de EP asistiron a esta videoconferencia que tivo lugar entre as 10:30 e 11:30 da mañá do venres 4 de novembro de 2011. Tras a interesante charla sobre os bosques como parte integrante do desenvolvemento sostible do planeta e os seus beneficios económicos, socioculturais e ambientais, o alumnado tivo a oportunidade de interactuar formulando preguntas a través dun chat, que Mª Isabel Fraga Vila foi respondendo dunha maneira moi didáctica. Tanto o alumnado como o profesorado participante nesta actividade mostrou o seu interese por repetir. Os nosos parabéns á CGEDLG!!!
Etiquetas:
CGENDL,
Ciencia en Galego,
videoconferencia
miércoles, 26 de octubre de 2011
II DÍA DA CIENCIA EN GALEGO.
II DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
O día 4 de novembro de 2011 celebraremos o II Día da Ciencia en Galego adicado a exaltar o papel da Ciencia e da Tecnoloxía na creación e profusión da Cultura Galega. A actividade realízase en toda Galicia o mesmo día.
Este ano celébrase o Ano Internacional da Química. Conmemórase o premio Nobel de Química concedido a Marie Curie no 1911 polos seus descubrimentos dos novos elementos Radio e Polonio. Marie Curie é a primeira persoa que recibe dous premios nobeis (de Física e Química); posteriormente só houbo outra persoa. É a primeira muller que recibe un premio Nobel, é a primeira muller que dá clases na Universidade da Sorbona,... fai os seus descubrimentos estando fóra da Universidade, antes de que sexa nomeada profesora, e tendo dúas fillas (unha delas premio Nobel, tamén). Razóns de sobra para homenaxeala neste día Galego da Ciencia.
Así, o 4 de novembro homenaxéase a Marie Curie e á matemática galega Mª Wonenburger, facendo tamén unha homenaxe ás primeiras mulleres que dan clase, fan ciencia, e cambian para sempre a maneira de ver o papel da muller na ciencia.
Pica nas imaxes para saber mais destas científicas
Etiquetas:
CGEDLG,
II Día Ciencia en Galego,
videoconferencia
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


