Poñemos á disposición da comunidade educativa esta iniciativa do Ministerio de Ciencia e Innovación. Trátase da edición dun calendario científico escolar 2021 e a correspondente guía didáctica.
miércoles, 27 de enero de 2021
martes, 19 de enero de 2021
O NOSO PATRIMONIO: OS CASTROS
O alumnado de educación primaria tivo a oportunidade de asistir o martes 19 de xaneiro a un obradoiro impartido a través do Proxecto Educativo do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa. Tomando punto de partida o Castro de San Cibrao de Las, na provincia de Ourense, un xacemento arqueolóxico único, os nenos/as poideron descubrir como foi evolucionando a sociedade na Idade de Ferro, así como adquirir actitudes e valores de respecto, valoración e custodia do noso patrimonio. Esta charla obradoiro estivo acomapañada dunha mostra expositiva con obxectos e maquetas.
Etiquetas:
castro,
Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa,
patrimonio
viernes, 15 de enero de 2021
O PATRIMONIO NATURAL: VISITA AO SEIXO BRANCO
O Mércores 13 de Xaneiro o alumnado de 5º e 6º de EP gozou dunha saída pola costa de Dexo (Oleiros).
Xunto coas súas profesoras, Chus e Ruth, pasaron unha marabillosa mañá facendo un roteiro, coñecendo a flora e a fauna, mariña e terrestre, do lugar.
Na metade do traxecto, fixeron unha parada para recargar as pilas e gozar das fermosas vistas dos acantilados do Seixo Branco.
Esta saída está organizada polo CEIDA, e foi precedida por charlas informativas que tiveron lugar no mes de novembro. Próximamente realizarase un roteiro pola Fragas do Eume.
Etiquetas:
CEIDA,
Costa de Dexo,
fragas do eume,
patrimonio natural,
Seixo Branco
jueves, 14 de enero de 2021
CONCURSO EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2021 XELA ARIAS
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) fixo pública onte, luns, 11 de xaneiro, a convocatoria do Concurso-Exposición sobre Xela Arias, a autora escollida pola Real Academia Galega (RAG) para festexar o Día das Letras Galegas do ano 2021. A unidade didáctica e os carteis que a compoñen darán a coñecer os aspectos máis significativos da vida e obra da escritora así como o momento histórico e a situación sociolingüística na que viviu.
O profesorado participante na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de premio de innovación educativa (20 horas de formación permanente para o profesorado e 30 para o coordinador ou coordinadora). O prazo para enviar os traballos remata o día 1 de marzo (incluído).
Etiquetas:
Concurso Exposición,
Letras Galegas 2021,
Xela Arias
miércoles, 13 de enero de 2021
REVISTA "MÓVETE XA", DECEMBRO 2020
Móvete Xa Decembro 20 (1) by veracruces on Scribd
Etiquetas:
educación física,
Móvete Xa,
Ruth Varela
Suscribirse a:
Entradas (Atom)