A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) fixo pública onte, luns, 11 de xaneiro, a convocatoria do Concurso-Exposición sobre Xela Arias, a autora escollida pola Real Academia Galega (RAG) para festexar o Día das Letras Galegas do ano 2021. A unidade didáctica e os carteis que a compoñen darán a coñecer os aspectos máis significativos da vida e obra da escritora así como o momento histórico e a situación sociolingüística na que viviu.
O profesorado participante na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de premio de innovación educativa (20 horas de formación permanente para o profesorado e 30 para o coordinador ou coordinadora). O prazo para enviar os traballos remata o día 1 de marzo (incluído).
No hay comentarios:
Publicar un comentario