O Mércores 13 de Xaneiro o alumnado de 5º e 6º de EP gozou dunha saída pola costa de Dexo (Oleiros).
Xunto coas súas profesoras, Chus e Ruth, pasaron unha marabillosa mañá facendo un roteiro, coñecendo a flora e a fauna, mariña e terrestre, do lugar.
Na metade do traxecto, fixeron unha parada para recargar as pilas e gozar das fermosas vistas dos acantilados do Seixo Branco.
Esta saída está organizada polo CEIDA, e foi precedida por charlas informativas que tiveron lugar no mes de novembro. Próximamente realizarase un roteiro pola Fragas do Eume.
No hay comentarios:
Publicar un comentario