Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas 2021. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas 2021. Mostrar todas las entradas

lunes, 31 de mayo de 2021

PODCAST XELA ARIAS

O alumnado de 5º e 6º de Primaria do CPI Virxe da Cela de Monfero reflexiona sobre a importancia de lembrar as persoas que xa non están. Teñen que responder ás seguintes preguntas: Por que temos que recordar as persoas que xa non están? Que podemos facer para que nos recorden? Despedir a unha poeta, despedir a Xela Arias...como o fariades? Inspirámonos no libro de Emma Pedreira e Laura Romero,‘Xelarias, Palabra a intemperie’ (Baía Edicións) e as preguntas que lanzan sobre como despedir a Xela Arias. Unha produción de RTV Enxebre, un proxecto de Ayuda en Acción, co apoio de Fundación Repsol e Fundación La Caixa e desenvolvido por Laboratorio de Radio.

 

O alumnado de 3º de Primaria do CPI Virxe da Cela celebran o Día das Letras Galegas 2021 cun concurso sobre a homenaxeada: Xela Arias. Un xeito de aprender divertido, traballando en equipo e que nos achegou a figura da poeta, tradutora e editora que foi Xela Arias. RTV Enxebre é un proxecto de Ayuda en Acción, co apoio de Fundación Repsol e Fundación la Caixa. Desenvolve Laboratorio de Radio.


jueves, 13 de mayo de 2021

EXPOSICIÓN SOBRE XELA ARIAS NO CPIP VIRXE DA CELA

O luns 17 de maio de 2021 festaxamos o Día das Letras Galegas, adicado este ano á figura de Xela Arias. Se visitades os corredores do noso cole poderedes ver gran cantidade de traballos que os rapaces e rapazas de educación infantil e educación primaria prepararon en torno a autora homenaxeada. 









jueves, 22 de abril de 2021

MATERIAL LETRAS GALEGAS 2021 SEMINARIO GALÁN

Xa tedes á vosa disposición o material das Letras Galegas 2021 para infantil e primaria elaborado polo Seminario Galán. Este material, na actualidade, está publicado na web da SXPL da Xunta de Galicia, www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas e dentro duns días estará na nova web do Seminario Galán, www.seminariogalan.org Nestas web poderedes atopar actividades interactivas sobre Xela Arias, en formato genially, actividades en PDF, cartel, exposición e cuestionario, díptico, marcapáxinas, biografía, textos, fotos, videos.. Ligazón: 



miércoles, 14 de abril de 2021

PRIMAVERA DAS LETRAS: XELA ARIAS

A Real Academia Galega puxo en marcha neste mes de marzo unha nova edición do proxecto Primavera das Letras, dedicado nesta ocasión a Xela Arias, protagonista do Día das Letras Galegas 2021. A institución fornecerá a comunidade educativa de infantil e primaria, a través da páxina primaveradasletras.gal, de recursos lúdicos e didácticos relacionados coa figura e a obra da autora, e tamén con diversos contidos transversais do currículo. As primeiras fichas e actividades interactivas xa están dispoñibles neste espazo no que a Real Academia Galega irá compartindo novos contidos ao longo das vindeiras semanas. Podedes acceder ao espazo a trav'es da seguinte ligaz'on 



jueves, 14 de enero de 2021

CONCURSO EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2021 XELA ARIAS

 

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) fixo pública onte, luns, 11 de xaneiro, a convocatoria do Concurso-Exposición sobre Xela Arias, a autora escollida pola Real Academia Galega (RAG) para festexar o Día das Letras Galegas do ano 2021. A unidade didáctica e os carteis que a compoñen darán a coñecer os aspectos máis significativos da vida e obra da escritora así como o momento histórico e a situación sociolingüística na que viviu. O profesorado participante na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de premio de innovación educativa (20 horas de formación permanente para o profesorado e 30 para o coordinador ou coordinadora). O prazo para enviar os traballos remata o día 1 de marzo (incluído).