Iniciamos un novo curso escolar 2022-2023 continuando o noso proxecto colaborativo coa entidade Euroeume, unha asociación de desenvolvemento rural da Comarca do Eume coa que xa traballamos o pasado curso académico. Entre outras moitas actividades planificadas para este curso, o xoves 29 de setembro de 2022 o alumnado de 5º e 6º de EP recibiron a charla "Enraizadas" impartida por Andrea Rico. A partir desta charla informativa e orientativa, os rapaces e rapazas terán que realizar entrevistas a mulleres significativas da súa contorna ou da súa familia, que servan de exemplos da importancia na súa educación, cultura e valores.
jueves, 29 de septiembre de 2022
viernes, 16 de septiembre de 2022
I-COMERCIO: IDEA O TEU COMERCIO
A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía,
Industria e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e
Universidades ten previsto poñer en marcha durante o último semestre do ano 2022 a
campaña e concurso “i-Comercio: idea o teu comercio!”, dirixida ao alumnado de 3º e 4º
da ESO dos centros educativos da comunidade galega.
Informacion-Deseña o Teu Comercio by veracruces on Scribd
Etiquetas:
concurso,
i-comercio,
Xunta de Galicia
jueves, 8 de septiembre de 2022
21 DÍAS CO GALEGO
Este programa de dinamización lingüística nace para que a xente nova fale máis o galego e perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas. Alén diso, preténdese que a mocidade analice a súa relación coas linguas que coñece, e máis concretamente coa propia de Galicia, para ver cal é o lugar que ocupa ou pode ocupar na súa vida.
A singularidade de 21 días co galego e + reside na vontade de implicar por completo as rapazas e os rapaces, durante un tempo determinado, na procura de que o galego sexa a súa lingua normal de uso en todos os ámbitos, e en levar a aula á rúa e a rúa á aula, fuxindo do estudo máis académico da lingua.
.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)